Galería de fotos da Misa do Peregrino e pasarrúas das entidades galegas do mundo no VI Día da Galicia Exterior
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración recupera a emoción do VI Día da Galicia Exterior cunha galería de fotos do acto da Misa do Peregrino, celebrada na Praza da Quintana, e do posterior pasarrúas protagonizado polas entidades galegas de todo o mundo que asistiron ao VI Día da Galicia Exterior.
En total, 31 asociacións galegas procedentes tanto de Europa e América, como das diferentes comunidades autónomas, percorreron o pasado 9 de xullo as prazas máis importantes do casco histórico de Santiago de Compostela para realizar actuacións de baile e música galegas ata chegar á Alameda.
- Galería de imaxes: acceder
Novas relacionadas