Novas
Buscador
- Rodríguez Miranda visita esta fin de semana en Suíza cinco cidades e nove entidades, e reúnese cos presidentes e presidentas da diáspora galega 22.02.2013 audio O secretario xeral aproveita a súa viaxe á Confederación Helvética para insistir na mensaxe de unidade entre os centros, e de aproveitamento e eficiencia no uso dos recursos, tanto propios das entidades como públicos. A emigración galega no país centroeuropeo, que conforman 37.000 residentes, é un exemplo de integración social e cultural no país... Máis información
- O Consello da Cultura Galega presentou o programa do Congreso Internacional “Rosalía no século XXI. Unha nova ollada”, que comezará o 28 de febreiro 22.02.2013 audio En 2013 cúmprense 150 anos da publicación en Vigo (1863-2013) de “Cantares Gallegos”, obra auroral e determinante para o Rexurdimento das letras galegas. O Consello da Cultura Galega presentou onte o detalle do programa do congreso -presencial e virtual- internacional que dedicará do 28 de febreiro ao 27 de xullo á figura e á obra de Rosalía de... Máis información
- As e os escolares de Ferrol ilustran a riqueza cultural da inmigración 21.02.2013 audio A casa do concello acolleu a entrega de premios do concurso organizado por Benestar Social. O Concello de Ferrol celebrou este martes a entrega de premios do primeiro concurso de debuxo Que é para ti a inmigración?. Organizado pola Consellería de Benestar Social, no certame participaron preto de 200 escolares de Educación Primaria do municipio. O... Máis información
- Ryanair engade unha frecuencia extra á súa ruta entre Santiago de Compostela e Londres para este verán 20.02.2013 audio A aeroliña irlandesa compite con EasyJet, outra das grandes low-cost europeas, que comezará os seus voos dende Lavacolla á capital británica no vindeiro mes de xuño. A low cost irlandesa RyanAir puxo á venda unha frecuencia extra semanal entre Santiago de Compostela e Londres Stansted para reforzar a devandita conexión durante o período alto de... Máis información
- O VI Plan de Igualdade implica a toda a Xunta na consecución da igualdade real de oportunidades para as mulleres 19.02.2013 audio A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou esta mañá en rolda de prensa o VI Plan galego para a igualdade entre mulleres e homes. Están programadas para o período 2013-2015 un total de 320 actuacións, das cales máis das tres cuartas partes incorporan cambios ou son novidosas. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López... Máis información
- Rodríguez Miranda visita a diáspora en Alemaña e entrevístase co secretario de Estado Parlamentario de Infraestruturas 18.02.2013 audio O mandatario galego reiterou o compromiso de eficiencia na utilización de recursos garantindo a atención ás entidades, ás que transmitiu a necesidade de buscaren novas fontes de financiamento. As posibilidades de negocio das empresas alemás en Galicia, e das galegas -en colaboración coas alemás- nos países do leste de Europa centraron boa parte do... Máis información
- O triunfo da emigración 15.02.2013 audio Artigo de opinión de Jesús de Juana, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e director da UNED en Ourense, publicado no xornal Faro de Vigo. O modo de entender a galeguidade como a identificación da galega e do galego esparexidos por todo o mundo contribúe a cambiar a valoración da emigración dunha forma positiva,... Máis información
- O Ministerio de Trabajo y Seguridad Social publica os datos estatísticos das persoas estranxeiras con certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor 14.02.2013 audio En Galicia son 99.501 persoas, o que supón o 1,86 % do total de España. Nas provincias galegas, a listaxe está encabezada pola Coruña (36.922 persoas), seguida por Pontevedra (34.330), Ourense (14.799) e Lugo (13.450). A nivel estatal, Cataluña é a comunidade con maior número de estranxeiros e estranxeiras residentes con 1.228.754 persoas (un 22,... Máis información
- Conde destaca a cooperación dos galegos e as galegas no exterior como clave para identificar novos mercados para Galicia 13.02.2013 audio O conselleiro salienta nun encontro da Rede de Asociacións de Empresarios de Orixe Galego no Exterior o seu papel fundamental para “aproveitar o potencial exportador galego e atraer inversión estranxeira directa cara Galicia”. O responsable de Economía e Industria lembra a aposta do Goberno galego pola internacionalización, eido ao que se destinan... Máis información
- O investigador mexicano Roberto Breña presentou o seu libro "Las independencias hispanoamericanas y la revolución liberal española" 12.02.2013 audio O libro, en clave de alta divulgación, analiza distintos aspectos da historia político-intelectual do ciclo revolucionario hispánico no seu conxunto. O Consello da Cultura Galega acolleu o pasado día 4 a presentación do libro El imperio de las circunstancias. Las independencias hispanoamericanas y la revolución liberal española, de Roberto Breña... Máis información
Páxinas |









