Novas
Buscador
- Mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo 31.12.2019 audio Estamos en tempos de Nadal e aulas como esta están baleiras. Porén son un lugar axeitado para reflexionar con todos vostedes sobre a Galicia que compartimos. Esa Galicia ten nas escolas e institutos a mellor garantía de que o noso éxito colectivo vai proseguir no futuro. Sabíano os nosos emigrantes sempre preocupados por patrocinar, mediante as... Máis información
- A Xunta de Galicia ampliará ata os catro anos a Tarxeta Benvida para as familias especialmente vulnerables 29.12.2019 audio Increméntase un 25% a contía da axuda para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes. Duplícase a cantidade que perciben as familias polo seu terceiro fillo ou filla e sucesivos durante o primeiro ano, ata acadar os 2400 euros anuais. No caso das familias que vivan no rural, a contía por terceiro fillo ou filla elévase ata os... Máis información
- A Xunta destina preto de 17 millóns para consolidar un sistema de I+D+i cara á excelencia e atraer e reter talento en Galicia 27.12.2019 audio Feijóo explicou que se destinarán case 15 M€ entre o período 2020-2024 para os grupos de referencia máis competitivos da I+D+i galega. As novas convocatorias dos programas Talento Sénior e Principia contarán con máis de 2 M€ para a contratación dunhas 120 persoas en empresas e organismos de investigación. O presidente do Goberno galego, Alberto... Máis información
- Miranda salienta o labor cultural do Centro Galego de Cuxhaven e avoga por “seguir traballando xuntos para facilitar a volta á casa de miles de galegos” 23.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co presidente desta entidade, Francisco Álvarez, membro da Comisión Delegada do XII Consello de Comunidades Galegas que vén de celebrarse. Pon a este centro e á súa directiva como exemplo do novo cambio xeracional, chamado a “garantir a fortaleza dos centros mediante a mocidade, esa da que... Máis información
- Miranda celebra o Nadal cos galegos e as galegas residentes en Madrid 22.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración asiste á celebración organizada en colaboración polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid e Federación de Centros Galegos. O evento reúne cada decembro na capital española ás e aos membros das distintas entidades e comunidades galegas con presenza en Madrid e provincia. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración incrementa preto dun 10% o orzamento das axudas individuais para galegas e galegos do exterior en situación de precariedade 21.12.2019 audio O departamento autonómico destina 2,75 millóns de euros en 2020 para uns apoios que contribúen a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas do exterior con menos recursos. A especial situación de Venezuela leva o Goberno galego a incrementar o esforzo que está a realizar cos galegos e as galegas... Máis información
- Miranda destaca que no último ano volveron á Coruña máis de 3.000 galegas e galegos do exterior na que foi “a mellor cifra de retorno de toda a década” 20.12.2019 audio Subliña que esta é a provincia con mellores cifras de cidadás e cidadáns galegos que volven á casa, con máis de 19.000 coruñesas e coruñeses que retornaron durante os últimos 10 anos. Sinala que esta nova infraestrutura dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente a todos os galegos que o desexen na súa volta á casa”.... Máis información
- A exposición 'Galicia, un relato no mundo' da Xunta pecha o seu primeiro mes cunha cifra récord de 12.000 visitantes 19.12.2019 audio O Museo Centro Gaiás está a recibir unha media de 442 visitantes por día para coñecer a primeira mostra internacional do Goberno galego polo Xacobeo 21. Con xornadas con máis dun milleiro de visitas, a exposición está a ter unha excepcional acollida entre o público, superando as cifras de ‘Castelao Maxistral’. Un total de 1.400 escolares de... Máis información
- Mensaxe co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante 18.12.2019 audio “Ao longo da historia da humanidade, a migración ten sido unha expresión valente da determinación individual de superar a adversidade e buscar unha vida mellor”. Estas palabras de António Guterres, secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, encabezan a carta da ONU con motivo deste Día Internacional da Persoa Migrante. Verbas que... Máis información
- Miranda salienta que a aposta da Xunta polo retorno estase a materializar nos “mellores datos da década” con preto de 3.500 lucenses que volveron á provincia neste período 17.12.2019 audio Destaca que, “por primeira vez na historia, a oficina sae fóra de Santiago” nunha mostra do compromiso do Goberno galego co retorno: “Se o século XX foi o da emigración, queremos que o XXI sexa o do retorno”. Salienta que esta nova infraestrutura dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo... Máis información
Páxinas |








