Novas
Buscador
- Miranda adianta en Venezuela que as previsións sitúan en preto de 4.000 as familias galegas residentes no país que recibiron algún tipo de prestación social en 2019 15.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración participa nunha charla informativa sobre as liñas de apoio da Xunta de Galicia. Salienta que se concederon case medio milleiro de axudas extraordinarias ao retorno e máis de 1.100 axudas económicas individuais ante a “incerteza na que se atopa sumido o país”. Supervisa a campaña de entrega de medicamentos, dotada... Máis información
- Feijóo transmite o desexo de que as casas de Galicia de todo o mundo vivan o Xacobeo porque son “as nosas mellores embaixadas” 14.12.2019 audio Salienta que o próximo Ano Santo será unha festa sen fronteiras, tendo en conta que hai galegas e galegos repartidos por 137 países do mundo: “É imposible que non se trate dun acontecemento global”, di. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu hoxe o desexo da Xunta e do conxunto da Comunidade Autónoma de que as casas de Galicia de... Máis información
- Miranda invita ás mozas e mozos galegos residentes en Venezuela a “aproveitar as oportunidades de retorno que ofrece Galicia” 14.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración participa nun encontro coa mocidade galega no país suramericano no que fixo entrega das Compostelas ás e aos participantes na 30ª edición do Conecta con Galicia. Invita á xuventude galega en Venezuela a participar na próxima edición das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME e no programa de apoio ao retorno... Máis información
- Miranda reúnese co cónsul e o embaixador de España en Venezuela 13.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co embaixador de España en Caracas, Jesús Silva, e co cónsul de España en Venezuela, Juan José Buitrago de Benito, co obxectivo de “afondar na necesaria coordinación entre as administracións española e galega”. Ambas xuntanzas responden a unha necesidade urxente de... Máis información
- Miranda traslada o apoio da Xunta ao proxecto da Federación de Centros Españoles en Venezuela de contratar un seguro médico que atenda ás e aos residentes españois no país suramericano 13.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración preside a xuntanza con responsables da FECEVE, que aglutina aos centros españois no país suramericano. Avalía e avanza cos representantes das entidades galegas no plan de traballo conxunto que está a permitir asistir aos galegos e galegas do país. Salienta o “papel fundamental que xogan as nosas entidades” para a... Máis información
- Miranda inicia unha nova viaxe a Venezuela para renovar a colaboración coas entidades galegas e trasladar o “compromiso permanente” da Xunta coa colectividade 12.12.2019 audio O secretario xeral da Emigración reunirase hoxe coas e cos responsables e socios da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE). Ata o vindeiro domingo manterá encontros informativos sobre as axudas para o retorno da Xunta e os apoios á xuventude. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, inicia unha nova viaxe oficial... Máis información
- Miranda destaca que no último ano volveron a Ourense preto de 1.400 galegas e galegos do exterior no que foi “a mellor cifra de retorno de toda a década” 11.12.2019 audio Valora a importancia dunha infraestrutura que dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente a todos os galegos que o desexen na súa volta á casa”. Salienta que, “por primeira vez na historia, a Oficina sae fóra de Santiago” nunha “clara aposta do Goberno galego” polo retorno: “Se o século XX foi o da emigración, queremos... Máis información
- Miranda subliña que a provincia rexistrou no último ano o mellor dato de retorno da década “con Vigo capitaneando a volta á casa de miles de galegos” 11.12.2019 audio Resalta que a apertura desta sede na Delegación Territorial supón un “fito histórico” ao tratarse da primeira vez que a oficina abre as súas portas fóra de Santiago. Avoga por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”: “Ata o de agora as cifras avalan a aposta do Goberno galego”. Salienta que esta nova... Máis información
- Miranda traslada á colectividade o “respaldo e a preocupación” do Goberno galego ante a situación que está a atravesar Chile 10.12.2019 audio Subliña o “compromiso permanente” de Galicia coas galegas e galegos do país andino e agradece o “incalculable labor” das entidades galegas. Avoga pola “cohesión e unificación de esforzos” dos centros galegos de Chile, entre os que figuran o de Valparaíso e a comunidade de Punta Arenas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada,... Máis información
- O Salón Teatro recibe a coprodución internacional con participación da Xunta 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol' 09.12.2019 audio O Centro Dramático Galego e a Secretaría Xeral da Emigración colaboran neste espectáculo de Limiar Teatro e Crémilo, que tamén conta coa implicación doutras entidades de Portugal, Arxentina e Uruguai. Fran Núñez dirixe esta comedia que reflexiona sobre a emigración pasada e presente e que poderá verse do 11 ao 21 de decembro na sede do CDG en... Máis información
Páxinas |









