Miranda celebra o Nadal cos galegos e as galegas residentes en Madrid

O secretario xeral da Emigración asiste á celebración organizada en colaboración polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid e Federación de Centros Galegos. 

O evento reúne cada decembro na capital española ás e aos membros das distintas entidades e comunidades galegas con presenza en Madrid e provincia.

  • Imaxe da celebración de hoxe en Madrid
    Imaxe da celebración de hoxe en Madrid
  • Imaxe da celebración de hoxe en Madrid
    Imaxe da celebración de hoxe en Madrid
  • Imaxe da celebración de hoxe en Madrid
    Imaxe da celebración de hoxe en Madrid
  • Imaxe da celebración de hoxe en Madrid
    Imaxe da celebración de hoxe en Madrid
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 22 de decembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á celebración do Nadal Galego de Madrid, que alcanzou a súa oitava edición grazas á dedicación da organización, o Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón, en colaboración coas entidades e asociacións de galegas e galegos na capital, tanto sectoriais como centros galegos, integrados en FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid), e a propia Secretaría Xeral da Emigración.

O evento reúne cada decembro na capital española ás e aos membros das distintas entidades e comunidades galegas con presenza en Madrid e provincia. E en todas as ocasións desde 2011, quince organizacións que garanten a presenza de Galicia en ámbitos dispares no terreo profesional (o xornalístico, o empresarial, o xurídico ou o médico, entroutros) e tamén xeográfico (con sedes na capital, Móstoles, Alcobendas, Fuenlabrada, Alcalá de Henares, Colmenar, Collado-Villalba, San Sebastián de los Reyes, Tres Cantos ou Alcorcón) danse cita no lugar da convocatoria, que este ano tivo lugar no Teatro La Latina.

A música como fío condutor 
Durante o desenvolvemento dos diversos actos contouse coa actuación da  Asociación Folclórica Rosalía de Castro, acto seguido tivo lugar a  actuación da artista cedeirense Guadi Galego. Unhas interpretacións  que permitiron amenizar a celebración facendo que a colectividade galega en Madrid festexase unha data tan sinalada como é a do Nadal. Un marco no que o secretario xeral da Emigración animou a todas e todos os galegos do exterior a seguir facendo de “fío transmisor da nosa cultura alá onde vos atopedes”. 

Mais de 78.000 galegas e galegos en Madrid
Na comunidade autónoma madrileña residen, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro deste ano, 78.201 galegos e galegas de nacemento arestora censados, aínda que este número é estimativo: moitas e moitos dos residentes alí, por diversas razóns, seguen censados nos seus concellos de orixe, e esta cifra tampouco contabiliza as segundas e terceiras xeracións de galegas e galegos xa nados alí. 

512 lecturas