Miranda destaca que no último ano volveron á Coruña máis de 3.000 galegas e galegos do exterior na que foi “a mellor cifra de retorno de toda a década”

Subliña que esta é a provincia con mellores cifras de cidadás e cidadáns galegos que volven á casa, con máis de 19.000 coruñesas e coruñeses que retornaron durante os últimos 10 anos. 

Sinala que esta nova infraestrutura dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente a todos os galegos que o desexen na súa volta á casa”.

Salienta que, “por primeira vez na historia, a oficina sae fóra de Santiago” nunha “clara aposta do Goberno galego” polo retorno: “Se o século XX foi o da emigración, queremos que o XXI sexa o do retorno”.

  • O secretario xeral da Emigración e o delegado territorial Ovidio Rodeiro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
    O secretario xeral da Emigración e o delegado territorial Ovidio Rodeiro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
  • O secretario xeral da Emigración e o delegado territorial Ovidio Rodeiro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
    O secretario xeral da Emigración e o delegado territorial Ovidio Rodeiro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
  • O secretario xeral da Emigración e o delegado territorial Ovidio Rodeiro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
    O secretario xeral da Emigración e o delegado territorial Ovidio Rodeiro visitan a nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 20 de decembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, e o delegado territorial da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno que, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, vén de abrir as súas portas na cidade. Un marco no que Miranda subliñou a importancia que está a adquirir o retorno na provincia, que rexistrou no 2018 –último dato completo- “a mellor cifra de toda a década”, con máis de 3.000 retornadas e retornados

“A Coruña está a liderar este proceso de retorno de miles de galegos”, expuxo o secretario xeral, quen destacou que esta é a provincia con mellores cifras de retorno, con máis de 19.000 coruñesas e coruñeses que volveron á terra durante os últimos 10 anos.

Neste escenario de crecemento constante do retorno, explicou Miranda, o Goberno autonómico está a multiplicar a súa aposta por acompañar a todas e todos os galegos do exterior no proceso. Un compromiso no que se sitúa a apertura desta sede en A Coruña, que o propio Miranda cualificou de “fito histórico” ao tratarse da primeira vez que a oficina abre as súas portas fóra de Santiago. 

“Xunto á ampliación da oficina en Santiago, que conta con novas e mellores instalacións no Edificio do Xacobeo, acabamos de por en marcha esta sede aquí, en A Coruña, e no resto das provincias galegas”, incidiu o secretario xeral, quen avogou por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”. Non en van, e como lembrou, a semana pasada Santiago acolleu “o XII Consello de Comunidades Galegas, un plenario que, tamén por primeira vez na historia, contou cun relatorio dedicado exclusivamente ao retorno”. 

O titular do departamento autonómico situou a apertura desta sede no contexto da aposta decidida polo retorno que está a promover a Xunta. Así, e como lembrou, a oficina é parte da Estratexia Retorna 2020 impulsada pola Secretaría Xeral que, cun orzamento global de máis de 235 millóns dos que 15 abarcan só medidas específicas, ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso a casa de máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste modo a rexuvenecer a poboación e acompañando á persoa retornada durante todo o proceso de retorno.  

“Ata o de agora as cifras avalan a aposta do Goberno galego e indícannos que imos polo bo camiño”, proseguiu Miranda, quen detallou que o 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con máis de 7.000 cidadás e cidadáns galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba das 18.200 persoas retornadas. 

Neste contexto, o titular do departamento autonómico puxo en valor a importancia dunha oficina que dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente a todos os galegos que o desexen na súa volta a casa”. “Atopámonos con casos diarios de xente que quere volver a Galicia e atopa moitísimas dificultades, especialmente na tramitación de permisos de residencia para familiares dos galegos do exterior, ou na homologación dos títulos universitarios”, expuxo Miranda, quen demandou ao Goberno central unha maior implicación nestas materias. 

En imaxes
361 lecturas