Miranda traslada a experiencia da Estratexia Retorna da Xunta de Galicia aos asistentes ao Curso sobre a Diáspora Vasca que organiza a Universidade de Euskadi

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nas últimas horas no curso sobre a diáspora vasca que está a organizar a Universidade de Euskadi no que trasladou aos asistentes a experiencia da Estratexia Retorna da Xunta que ten coma obxectivo apoiar, asesorar e informar aos galegos do exterior no seu proceso de regreso a Galicia.

Durante a súa intervención, Miranda recordou que esta estratexia foi pioneira en todo o Estado español perfilado como un documento capaz de marcar as liñas de traballo que permitiron que máis de 25.000 persoas volveran a Galicia entre 2018 e 2020, case o 60% das mesmas de menos de 45 anos. A Estratexia, como explicou o secretario xeral, contou con 64 liñas de apoio tanto específicas coma transversais, aplicándose así a todos os departamentos da Xunta de Galicia.

227 lecturas