Emigración reúnese coa nova directiva da Asociación Cultural e Deportiva Tordoya de Suíza

Emigración reúnese coa nova directiva da Asociación Cultural e Deportiva Tordoya de Suíza
Emigración reúnese coa nova directiva da Asociación Cultural e Deportiva Tordoya de Suíza
Listen to this page using ReadSpeaker
Xenebra (Suíza), 28 de marzo de 2022.

 A subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, mantivo nas últimas horas unha reunión co novo presidente da Asociación Asociación Cultural e Deportiva Tordoya de Xenebra (Suiza) para coñecer as iniciativas que están a deseñar para os próximos meses. Emigración reiterou así o seu compromiso de colaboración con esta entidade.

Esta asociación, que conta cun total de 144 socios dos cales 117 son galegos, ten coma finalidade a difusión da cultura e tradicións galegas por medio do deporte e das actividades artísticas e así dar a coñecer Galicia entre os cidadáns de Suíza.

390 lecturas