Emigración asiste á Clausura da Semana sobre os Camiños de Santiago “Traxandaina” organizada pola Irmandade Galega na Suíza

  • Emigración asiste á Clausura da Semana sobre os Camiños de Santiago “Traxandaina” organizada pola Irmandade Galega na Suíza

Listen to this page using ReadSpeaker
Xenebra (Suíza), 27 de marzo de 2022.

A subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, asistiu na tarde de onte, sábado, á clausura da Semana sobre os Camiños de Santiago organizada pola Irmandade Galega na Suíza en Xenebra e que tiña, como eixe central, a mostra sobre traxes realizada por “Traxandaina”. Esta acción cultural púidose desfrutar na sala comunale du Grand Lancy en Xenebra, Suíza. No acto estiveron tamén presentes a embaixadora de España en Berna, María Celsa Nuño, a alcaldesa de Lancy, Corinne Gachet, e a presidenta da entidade, Ana María Mera. Máis de 200 persoas participaron na clausura desta exposición na que se deron a coñecer os traxes tradicionais da provincia de Lugo, dentro do programa de difusión do Xacobeo que está a levar a cabo esta entidade galega da Suíza.

O evento contou coa actuación do grupo folclórico da irmandade Galega, así como coa representación das Cantigas de Elena e con dúas charlas versadas sobre os Camiños de Santiago e os propios traxes tradicionais. Esta asociación, que conta cun total de 318 socios dos cales 293 son galegos, ten coma finalidade a difusión da lingua galega, o seu arte e cultura, así como a promoción das súas tradicións, ademais do apoio social aos galegos na Suíza. Conta cunha biblioteca, tres grupos folclóricos, tres equipos deportivos e unha ampla axenda cultural.

378 lecturas