Novas
Buscador
-
«Sinbad», de Álvaro Cunqueiro, terá unha versión cinematográfica
03.05.2011
audio
Este ano celébranse o centenario do escritor e os 50 anos do lanzamento do libro. A obra clásica do escritor galego Álvaro Cunqueiro, Sinbad, terá unha versión para cinema que se estreará no outono. Este ano celébrase o centenario do autor e os 50 anos do libro. O director Antón Dobao será o encargado desta adaptación á gran pantalla. A historia... Máis información
-
As bibliotecas de Mar da Prata crean a Sección Galega Castelao
03.05.2011
audio
A través desta iniciativa, distribuiranse 900 libros doados pola Xunta entre os distintos centros de lectura municipais situados na cidade arxentina. As bibliotecas da cidade de Mar da Prata, en Arxentina, ofrecerán a posibilidade de achegarse á literatura e á cultura galega coa creación da Sección Galega Castelao. A Consellería de Cultura e... Máis información
-
Emigración e Educación promoven un concurso escolar para sensibilizar na diversidade sociocultural
02.05.2011
audio
Os traballos poderán presentarse en calquera tamaño, soporte e material. A Secretaría Xeral da Emigración e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organizan o concurso de debuxo e pintura Un mundo de cor. A finalidade da iniciativa é que o alumnado de Educación Primaria, e de Secundaria Obrigatoria, de tódolos centros escolares... Máis información
-
Camba asiste á Festa Campestre do Centro Galego de México no centenario da súa fundación
02.05.2011
audio
O Secretario Xeral da Emigración insistirá ante a diplomacia española para solucionar as trabas que atopan os emigrantes galegos no país azteca á hora de obter a documentación necesaria para a tarxeta sanitaria do Sergas. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participou a mediodía de onte (hora local, noitiña en Galicia) na Festa... Máis información
-
Camba pide en México á cónsul de España que non poñan trabas na obtención da documentación para a tarxeta do Sergas
01.05.2011
audio
O secretario xeral da Emigración, de visita no D.F., xa expuxera este asunto ao subsecretario de Exteriores, sen que teña recibido resposta ata o momento. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, e mailo presidente do Centro Galego de México, Luís Piñeiro, reuníronse o pasado venres na capital azteca coa cónsul adxunta do Reino de España... Máis información
-
Cultura e Turismo entrega na Feira do Libro de Bos Aires a Antoloxía da literatura galega para “presentala ao mundo”
29.04.2011
audio
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, entregou exemplares da Antoloxía da literatura galega [1196-1981], en edición bilingüe inglés-galego, publicada pola Xunta de Galicia en colaboración coas editoriais Galaxia e Xerais, que reúne cincuenta e cinco textos de diversos xéneros e de autores de todas as épocas. A... Máis información
-
Mato destaca o “esforzo e solidariedade” dos galegos e galegas que traballan en entidades sociais e dos voluntarios
28.04.2011
audio
A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe na Coruña o congreso Lo que de verdad importa. Mato incidiu na “inmensa” achega dos voluntarios á sociedade, e lembrou que este é o Ano europeo do voluntariado. A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe o “esforzo e a solidariedade” dos galegos e galegas... Máis información
-
Lois Pereiro xa é fillo predilecto de Monforte
28.04.2011
audio
A corporación local acordou no pleno celebrado o pasado martes concederlle esta distinción. O desaparecido poeta monfortino Lois Pereiro, ao que se dedica este ano o Días das Letras Galegas, foi designado este martes, por acordo unánime do pleno da corporación, Fillo Predilecto de Monforte. A distinción quere recoñecer, segundo recolle a... Máis información
-
A Xunta homenaxea en Bos Aires a Xosé Neira Vilas, no 50 aniversario da publicación de "Memorias dun neno labrego"
27.04.2011
audio
O Director Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos participou no encontro virtual do escritor cos alumnos do Colexio Santiago Apóstolo e no espectáculo Memorias das Memorias dun neno labrego de Cándido Pazó. Neira vilas animou aos alumnos a exercitar “unha morriña creativa, creadora” e gabou o proxecto dun colexio que lle permite conversar “con... Máis información
-
Galicia protagoniza unha intensa semana de actividades de promoción do libro galego na XXXVII edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires
26.04.2011
audio
O espazo promocional instalado pola Xunta de Galicia, en colaboración co Centro Galego de Bos Aires, ofrece a posibilidade de achegarse ás novidades dun total de 15 editoriais galegas. Ao longo desta semana, a delegación galega desenvolverá diferentes actividades co obxectivo de consolidar a presenza do libro galego no exterior. O director xeral... Máis información
Páxinas |