Novas
Buscador
- Miranda inicia unha viaxe á Arxentina e Brasil para impulsar programas en prol da colectividade e fortalecer lazos 03.06.2024 audio O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, inicia este luns unha viaxe oficial a Arxentina e Brasil que se estenderá do 3 ao 7 de xuño, co obxectivo de reforzar os lazos coa colectividade galega nestes países. Na Arxentina, o secretario destacará a importancia de impulsar programas en prol da colectividade... Máis información
- José González celebra o XXXV Día de Galicia no País Vasco reafirmando o apoio da Xunta ás entidades galegas de todo o mundo 02.06.2024 audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe no evento organizado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi na localidade vasca de Pasaia. O representante autonómico destacou as achegas para garantir o funcionamento, actividades e bo estado das sedes destas entidades ou os diferentes programas para que manteñan o vínculo coa... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai participa no Centro Gallego de Montevideo, no Centro Ourensán e no Alma Gallega na celebración do Día das Letras Galegas fortalecendo os lazos e promovendo a cultura galega 01.06.2024 audio O Centro Gallego de Montevideo celebrou o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades e unha disertación do xornalista Enrique Conde sobre Luísa Villalta. A continuación, presentouse a obra teatral Todo ten Goberno polo grupo de teatro do Patronato da Cultura Galega. O Centro Ourensán tamén se sumou ás celebracións do Día das Letras... Máis información
- A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Boiro, Vilardevós, Agolada e A Pontenova 01.06.2024 audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de... Máis información
- A Xunta abre a convocatoria de “Conecta Voluntariado Galicia”, un programa destinado a achegar á nosa terra ás mozas e mozos galegos do exterior 31.05.2024 audio Esta iniciativa vai dirixida a persoas galegas que residan no exterior de entre 21 e 30 anos. O programa desenvolverase do 29 de agosto ao 9 de setembro no campo de voluntariado do Castro de Viladonga en Castro de Rei, Lugo. A Xunta abre hoxe a convocatoria de Conecta Voluntariado Galicia tras publicarse no Diario Oficial de Galicia as axudas da... Máis información
- Miranda mantén unha reunión de traballo co cónsul xeral do Uruguai en Galicia para seguir fortalecendo a estreita colaboración entre ambos países 30.05.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, no que analizaron a situación da colectividade galega neste país. Durante a reunión, ademais de tratar asuntos relativos aos galegos e galegas residentes no Uruguai, avaliáronse xunto ao... Máis información
- O delegado da Xunta en Bos Aires destaca a promoción das tradicións e cultura de Galicia na visita á mostra Xacobea no Centro Lalín, Agolada e Silleda 30.05.2024 audio O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, realizou un percorrido pola mostra Xacobea, unha exposición de fotografías de Ramón Valcárcel, que se exhibe no salón principal do Centro Lalín, Agolada e Silleda. A sede acolle numerosas actividades sociais, culturais e gastronómicas, sendo un dos grandes referentes da gastronomía galega... Máis información
- Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos e galegas do exterior o mellor cine galego a través do Ciclo de cine Mestre Mateo 29.05.2024 audio Dez centros galegos de América, Europa e resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar dende xuño a novembro os filmes finalistas nas categorías tanto de mellor longametraxe como de mellor documental nos XXII Premios Mestre Mateo O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto á directora de cine e... Máis información
- As oficinas de atención social en Venezuela, froito da colaboración entre a Xunta e as entidades, fan posible atender a máis de 10.000 galegos e galegas 28.05.2024 audio Miranda visita a Oficina de atención social da Hermandad Gallega de Venezuela reafirmando compromiso da Xunta en manter unha conexión estreita coas e cos seus cidadáns no exterior. A Xunta facilita a 2.000 familias galegas que reciban cada ano unha axuda económica de carácter social. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
- Miranda e o embaixador de España en Venezuela fortalecen a colaboración en apoio á comunidade galega 27.05.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co embaixador de España en Venezuela, Ramón Santos, á que tamén asistiron o cónsul xeral, Marcos Rodríguez Cantero, e o ministro conselleiro, Ricardo Santos, durante a súa visita ao país suramericano. No encontro, trataron diversos temas de interese para a... Máis información
Páxinas |









