Miranda analiza co presidente da Sociedade Rosalía de Castro de Santos a atención socioasistencial aos galegos maiores residentes nesta cidade do Brasil

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 5 de agosto de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos, Casto Vieitez, co obxectivo de analizar a atención socioasistencial que esta entidade ofrece aos galegos residentes nesta cidade do Brasil. Durante a reunión, destacouse o apoio continuo da Xunta de Galicia a esta entidade e o recoñecemento a figura relevante de Casto Vieitez.

A Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro é unha entidade sen ánimo de lucro que conta con numerosos socios galegos residentes en Santos. Desenvolve unha importante política socioasistencial orientada a mellorar a asistencia social das persoas da terceira idade necesitadas pertencentes á colectividade galega.

390 lecturas