Miranda destaca o labor da Casa de Galicia no Porto de Santa María durante a súa reunión co seu presidente
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente da Casa de Galicia no Porto de Santa María, Manuel Díaz Otero, continuando coas audiencias a representantes das entidades galegas no exterior. Durante a reunión, Miranda e Díaz Otero analizaron a situación da colectividade galega e os futuros proxectos da entidade, destacando a importancia das iniciativas orientadas a facer partícipes ás entidades galegas dos nosos proxectos.
Miranda aproveitou a visita para agradecer o traballo que está a desenvolver esta entidade e o resto de asociacións de Andalucía, salientando o seu papel como auténticas embaixadoras da cultura galega e do Camiño de Santiago. O secretario xeral destacou o interese que esperta o labor destas entidades, que mediante as súas iniciativas contribúen a fortalecer os lazos culturais e comunitarios entre Galicia e os galegos do exterior.
Novas relacionadas




