Miranda e a presidenta do Centro Galego de Álava reforzan a conexión cultural entre Galicia e a comunidade galega en Euskadi

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 7 de agosto de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse na sede da Secretaría Xeral da Emigración con Mónica Calvo, presidenta do Centro Galego de Álava, para coñecer de primeira man a situación da entidade e da comunidade galega residente en Vitoria. Durante o encontro, ambas as partes exploraron diversas vías de colaboración para potenciar as actividades, co obxectivo de reforzar a conexión cultural entre Galicia e a comunidade galega en Euskadi.

A reunión permitiu a Antonio Rodríguez Miranda expresar o seu apoio ás iniciativas desenvolvidas polo Centro Galego de Álava, que conta con catro agrupacións principais: o grupo de Arte Galega, composto por gaiteiros, percusionistas e bailaríns; o grupo de teatro Alecrín; o coro Aturuxo, formado por doce voces; e o grupo de monte Saraibas, dedicado ao coñecemento da natureza alavesa. O Centro, fundado nos anos 50 para axudar aos galegos recén chegados a Vitoria a manter a súa lingua, cultura e costumes, continúa a súa labor mediante a realización de diferentes actividades.

443 lecturas