Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega
Santiago de Compostela (A Coruña), 6 de agosto de 2024.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Juan Alvite, un destacado referente da comunidade española residente en Río de Xaneiro, Brasil. Durante o encontro, Rodríguez Miranda interesouse pola situación actual dos galegos neste estado brasileiro.
Rodríguez Miranda resaltou a importancia de Juan Alvite dentro da comunidade española, lembrando o seu papel crucial á fronte de diversas institucións que agrupan aos galegos en Río de Xaneiro, como a Casa de España. O secretario xeral aproveitou a ocasión para expresar o seu agradecemento polo inestimable labor desenvolvido por Alvite ao longo dos anos, traballando incansablemente en prol dos galegos residentes en Brasil.
Novas relacionadas




