A delegada da Xunta en Uruguai participa no acto de homenaxe aos emigrantes galegos en Montevideo polo 300 Aniversario da Cidade

  • A delegada da Xunta en Uruguai participa no acto de homenaxe aos emigrantes galegos en Montevideo polo 300 Aniversario da Cidade

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 16 de agosto de 2024.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de culminación do mes de Galicia en Montevideo, onde se rendeu homenaxe ao valioso aporte dos emigrantes galegos ao desenvolvemento da cidade, no marco das conmemoracións polo 300 aniversario da fundación da capital uruguaia. O evento, celebrado na praza Galicia, contou coa participación de máis de setenta músicos e bailaríns de todas as idades, que mostraron con orgullo a súa galeguidade ás beiras do Río da Prata.

Organizado pola Federación de Asociacións Galegas do Uruguai, o acto reuniu a todas as forzas vivas da colectividade galega no país. Posteriormente, a delegada Elvira Domínguez acompañou á Asociación Uruguaia de Amigos do Camiño de Santiago nunha peregrinación ata a Catedral Metropolitana, onde se celebrou a tradicional misa en galego, unha tradición organizada polo Padroado da Cultura Galega dende o século pasado.

348 lecturas