Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa "Reencontros con Galicia" para 200 galegos do exterior para que coñezan a realidade galega e o encontro cos seus familiares
A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa “Reencontros con Galicia”, que ofrece 200 prazas co obxectivo de facilitar a estas persoas o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares a mediados do mes de outubro.
Esta lista recolle ás persoas participantes que reúnen os requisitos para participar posteriormente no proceso de adxudicación de prazas.
As persoas excluídas teñen ata o 31 de agosto para subsanar as deficiencias.
Esta iniciativa ten por finalidade facilitar ás persoas maiores da Galicia exterior un período de estancia na residencia dependente da Consellería de Política Social e Igualdade en Panxón (Nigrán) de xeito que poidan achegarse ata a realidade galega e gozar de actividades de ocio e entretemento, potenciando, á vez, o contacto coas súas familias residentes en Galicia.
A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo dos traslados das e dos participantes mediante o financiamento dos custos desde o seu lugar de orixe ata Galicia e dos do regreso. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos en Galicia e do seu aloxamento e manutención das persoas con escasos recursos económicos.
Novas relacionadas




