Emigración publica a listaxe dos 250 mozos e mozas do exterior que cursarán cunha bolsa BEME un máster o próximo curso nas tres universidades galegas

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 12 de agosto de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a listaxe dos 250 mozos e mozas do exterior que cursarán os seus mestrados nalgunha das tres universidades galegas grazas a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que suma así a súa oitava edición, na procura de fomentar o retorno da xuventude galega no exterior.

Entre os datos que se desprenden dos 250 beneficiarios atópanse que os países con maior número de beneficiarios proceden de Arxentina (100), Brasil (30), Uruguai (25), Venezuela (20), e Reino Unido (10), dos que 123 cursarán os seus estudos na USC, 98 na UVigo e 39 na UDC.

En total, son 49 os matriculados a través desta axuda chegados dende distintos países de Europa, destacando Reino Unido, Francia, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, Portugal, Austria e Dinamarca.

  • Os interesados poden consultar a listaxe na seguinte ligazón.

A bolsa, cuxo importe vai dos 8.000 aos 12.500 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo e segundo o número de créditos a realizar), destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial.

761 lecturas