Novas
Buscador
- Feijóo inaugura en Nova York a exposición ‘Os Adeuses’, “unha homenaxe á epopea de millóns de galegos” 09.02.2019 audio Salienta que a xeografía sentimental das galegas e os galegos sitúanos moi preto de América e fai de Galicia un territorio americano máis. Subliña que a emigración galega ten un aspecto tráxico e outro que se refire á capacidade de superación dun pobo, a súa solidariedade, a súa capacidade en suma para cambiar o destino ao que parecía condenado. O... Máis información
- A Xunta e o Institute of Fine Arts asinan un convenio para celebrar en Nova York no 2020 un simposio internacional único sobre o Camiño 08.02.2019 audio O documento asinado inclúe a proposta de elaborar unha publicación actualizada en inglés como resultado da celebración deste encontro. Feijóo avanza que o simposio, que estará coordinado por dous estudosos da talla de Robert A. Maxwell e Manuel Castiñeira, abordará as diferentes maneiras nas que as rutas xacobeas foron permeables á creación de... Máis información
- Feijóo promociona Galicia como un lugar estable no que investir e un destino turístico único coa celebración do Xacobeo 2021 08.02.2019 audio Esboza unha Galicia que crece máis que España e que está a reducir o desemprego tamén en maior medida, grazas en parte a súa capacidade internacionalizadora, batendo en 2018 novamente o seu récord de exportacións. Sinala que as empresas galegas son hoxe máis conscientes que nunca da necesidade de innovar para ofrecer un produto diferenciado: “Por... Máis información
- A Xunta incrementa nun 50 % o programa de atracción dos mellores expedientes universitarios do exterior na terceira convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 08.02.2019 audio O investimento da Secretaría Xeral da Emigración para ampliar esta iniciativa pasará dos 860.000 euros de 2018 aos máis de 1,1 millóns en 2019, destinados a financiar os estudos de mestrado das e dos 150 universitarios galegos máis brillantes do estranxeiro. O Goberno galego suma entre 2017 e 2019 un total de 550 bolsas para fomentar o regreso de... Máis información
- Feijóo presenta ao Porto de Miami e ás compañías de cruceiros as oportunidades que Galicia ofrece en turismo e construción naval 07.02.2019 audio Destaca o obxectivo do plan estratéxico do Porto de Miami, que aspira a alcanzar os 10 millóns de pasaxeiras e pasaxeiros en cruceiro. “Queremos que Galicia se coñeza nas rutas cara á Europa e que as autoridades portuarias, políticas e os operadores de Miami coñezan as posibilidades que ofrece a Comunidade de cara á establecer contactos estables e... Máis información
- Alfonso Rueda destaca o compromiso da Xunta cos mozos e mozas galegos que viven no exterior co incremento dun 50% das axudas para formación especializada en Galicia 07.02.2019 audio O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda informou tras a reunión do Consello da Xunta que o Goberno galego incrementará para este ano tanto o número de prazas como a dotación orzamentaria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). Alfonso Rueda indicou que esta convocatoria está enfocada a que os rapaces e rapazas galegas que vivan no... Máis información
- Tradición e superstición conviven en “Trinta lumes”, a multipremiada película de Diana Toucedo, que presentou hoxe no Centro Galego de Barcelona 07.02.2019 audio A cinta, que se estrea mañá en cines, obtivo sete galardóns, entre eles, o Premio da Crítica do D’A Film Festival de Barcelona, o de Filmadrid a Mellor Longametraxe Días de Cine e o de Mellor Fotografía no Festival Cinespaña de Toulouse, ademais de ser nomeada aos Gaudí e aos Fénix Awards e finalista nos Feroz. Tras a súa premier mundial na... Máis información
- Feijóo expón as capacidades económicas do tecido industrial galego nunha Galicia estable e cun clima favorable para o emprendemento 06.02.2019 audio Avala a capacidade de adaptación e de innovación das empresas galegas do contract, como proba a elevada internacionalización do sector, que chega ao 80% nalgúns casos. Lembra que é en Galicia onde se atopa a sede da primeira multinacional téxtil do mundo; ou onde se construíron os jackets que se están a empregar nos primeiros parques eólicos... Máis información
- A Xunta abre o prazo das axudas xerais para promocionar o emprego autónomo e a contratación indefinida de traballadoras e traballadores, con incentivos específicos para persoas emigrantes retornadas 06.02.2019 audio A contía pode chegar, no caso de cidadás e cidadáns galegos residentes no estranxeiro que regresen á comunidade autónoma, ata os 9.000 euros. A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria está dirixida a autónomas e autonómos ou traballadoras e traballadores por conta propia que se dean de alta entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de... Máis información
- Feijóo explora co alcalde do Condado de Miami-Dade novas vías de intercambio comercial en sectores como o turismo, o contract e o aeronáutico 06.02.2019 audio O presidente do Goberno galego iniciou a súa viaxe institucional a Miami e Nova York este martes, cunha reunión con Carlos A. Giménez e, posteriormente, cun encontro coa colectividade galega. Traslada ao rexedor que un dos motivos fundamentais desta viaxe é comezar a promocionar no mercado de Estados Unidos o principal evento turístico que vai ter... Máis información
Páxinas |









