Novas
Buscador
- Miranda interésase pola situación da colectividade galega residente na República Dominicana 04.02.2019 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co membro do Consejo de Residentes Españoles (CRE) Antonio Sánchez Espantoso. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, interesouse pola situación da colectividade de cidadás e cidadáns galegos residentes na República Dominicana, que acubilla 2.654 galegas e galegos. O responsable... Máis información
- Feijóo iniciará a vindeira semana unha viaxe institucional a Miami e Nova York cunha marcada axenda económica e comercial e co obxectivo de reforzar os lazos turísticos de cara ao Xacobeo 2021 03.02.2019 audio O presidente da Xunta manterá tamén durante a viaxe, que comezará o martes 5 de febreiro, varios encontros coa colectividade galega para coñecer o seu día a día e agradecer o traballo por preservar e promover a nosa identidade e a nosa cultura. O responsable autonómico, xunto ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, estará acompañado,... Máis información
- Feijóo apela ao galeguismo integrador que mestura o propio e o común como modelo ante os falsos dilemas do presente 31.01.2019 audio Recorda que o autonomismo galego, que ten como principal expoñente ao primeiro presidente da Xunta, non sacrifica a diversidade de opinións dos galegos e das galegas en aras dunha nacionalidade uniforme, senón que as integra e respecta. Subliña que este modelo propio seguímolo perfeccionando: “Esixindo o que nos pertence, denunciando agravios... Máis información
- O Centro Galego de Lleida abriu as súas actividades de 2019 coa festa da matanza do porco 29.01.2019 audio No seu local social do barrio de Pardinyes da capital da Segrià, este pasado domingo, 27 de xaneiro, o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) deu comezo ás súas actividades de 2019 coa celebración da súa xa tradicional Festa da matanza do porco. O evento reuniu a un numeroso grupo de socias e socios da entidade, que estiveron acompañados... Máis información
- A Xunta consolida os incentivos á contratación de emigrantes retornadas e retornados cun incremento do 25 % nas axudas xerais da Consellería de Industria á consolidación de emprego 28.01.2019 audio O Goberno galego impulsa o emprego de 4.400 autónomas e autónomos e a consolidación de 535 pequenas empresas de nova creación e de base tecnolóxica, para o que investirá máis de 14 millóns de euros en 2019. Apoiarase con 2.000€ o inicio de actividade de 3.800 autónomas e autónomos, unha contía que se duplicará ata os 4.000€ para as e os menores... Máis información
- A Xunta convoca a orde de subvencións para proxectos de cooperación no exterior dirixidas, entre outros axentes, ás comunidades galegas no estranxeiro 26.01.2019 audio Os proxectos das entidades galegas deben ter como fin o desenvolvemento de proxectos de economía social, ou a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a defensa dos grupos de poboación máis vulnerables. A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza destina a este programa, cuxo prazo de presentación de... Máis información
- Miranda lanza en Venezuela a campaña informativa sobre a nova convocatoria das bolsas de estudos para mozas e mozos galegos residentes no exterior que queiran retornar á comunidade 23.01.2019 audio O secretario xeral da Emigración explicou na sede da Hermandad Gallega de Caracas as novidades e os procesos para solicitar algunha das 250 prazas que se publicarán este ano. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) incrementarán nun 50 % a súa oferta e o seu investimento en 2019. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda... Máis información
- Miranda renova o compromiso do Goberno galego coa Fundación España Salud con recursos e propostas que levan a avanzar en prestacións sociais para os españois e as españolas de Venezuela 22.01.2019 audio O secretario xeral da Emigración participou na reunión do Padroado da FES, que presta asistencia a preto de 1.500 familias galegas que residen no país suramericano. O responsable do departamento autonómico participará nun encontro co embaixador de España en Caracas, Jesús Silva, esta tarde. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Miranda reúnese cos presidentes das entidades galegas de Venezuela para concretar o plan de traballo conxunto que permite atender ás galegas e aos galegos do país 21.01.2019 audio O secretario xeral da Emigración presidiu unha xuntanza na que volveu poñer de manifesto o papel fundamental que xogan os centros galegos para a detección e canalización dos casos máis urxentes. O encontro coincide coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da convocatoria das Axudas Económicas Individuais. O secretario xeral da... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración consolida o incremento do 20 % que se aplicou nas axudas individuais para galegas e galegos do exterior en situación de precariedade no anterior exercicio 21.01.2019 audio O departamento autonómico destinará 2,6 millóns de euros en 2019 para facer fronte a este pago único, que busca contribuír a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas do exterior con menos recursos. A especial situación de Venezuela leva o Goberno galego a manter o especial esforzo que está a... Máis información
Páxinas |








