A Xunta e o Institute of Fine Arts asinan un convenio para celebrar en Nova York no 2020 un simposio internacional único sobre o Camiño

O documento asinado inclúe a proposta de elaborar unha publicación actualizada en inglés como resultado da celebración deste encontro.

Feijóo avanza que o simposio, que estará coordinado por dous estudosos da talla de Robert A. Maxwell e Manuel Castiñeira, abordará as diferentes maneiras nas que as rutas xacobeas foron permeables á creación de ideas, soños e historias.

“Estamos a falar dun encontro ao que se invitará a especialistas en todos os campos –en historia da arte, literatura, folclore e historia-”, di, subliñando que as conclusións serán de grande utilidade no plano académico e tamén humanista.

Feijóo anima a avaliar como podería trasladarse o espírito do Camiño á humanidade dos nosos días, “porque se fomos os primeiros en derribar os muros que illaban aos europeos do pasado, agora queremos estar cos que cren que a defensa do propio non se fai separando, senón unindo”.

  • O presidente do Goberno galego trasladou o agradecemento ao IFA polo seu compromiso coa ruta xacobea e coa súa proxección internacional
    O presidente do Goberno galego trasladou o agradecemento ao IFA polo seu compromiso coa ruta xacobea e coa súa proxección internacional
  • O presidente do Goberno galego trasladou o agradecemento ao IFA polo seu compromiso coa ruta xacobea e coa súa proxección internacional
    O presidente do Goberno galego trasladou o agradecemento ao IFA polo seu compromiso coa ruta xacobea e coa súa proxección internacional
Listen to this page using ReadSpeaker
Nova York, 8 de febreiro de 2019.

Logo dun encontro con empresarias e empresarios, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo continuou a súa axenda coa sinatura dun convenio de colaboración co Institute of Fine Arts (IFA) para a organización, en 2020, dun simposio internacional sobre o Camiño de Santiago que terá lugar na cidade de Nova York.

No acto de sinatura, Feijóo quixo trasladar ao IFA o agradecemento polo seu compromiso coa ruta xacobea e coa súa proxección internacional, a través da organización conxunta deste encontro único entre as académicas e os académicos europeos e americanos sobre as rutas xacobeas e baixo a proposta de elaborar unha publicación actualizada en inglés sobre este tema.

Máis polo miúdo, o responsable do Goberno galego precisou que o simposio, que estará coordinado por dous estudosos da talla de Robert A. Maxwell e Manuel Castiñeira, abordará as diferentes maneiras nas que o Camiño foi permeable á creación de pensamentos e ideas, soños e historias, romances e cantares épicos. “Estamos a falar dun encontro ao que se invitará a especialistas en todos os campos –en historia da arte, literatura, folclore e historia-, co obxecto de dar unha ampla visión sobre a construción da imaxe e a imaxinación destas rutas”, explicou, subliñando que as conclusións que se extraerán serán de grande utilidade, non só no plano máis académico senón tamén no máis humanista.

“O Camiño de Santiago é a representación dunha capacidade humana a miúdo esquecida. Esa capacidade consistente en que cada individuo, cada rexión, cada pobo pode deixar o seu selo na ruta común que todos transitamos”, abundou, incidindo en que o encontro irá moito más alá da recompilación de análises especializados. Non en van, este fenómeno antigo, que frutificou nunha infinidade de pensamentos e ideas, de soños e de historias, de romances e de cantares épicos, segue marcando a miles de mulleres e homes cada ano, e ademais cada vez con maior intensidade.

Feijóo concluíu animando ademais a avaliar como podería trasladarse o espírito do Camiño á humanidade dos nosos días, “porque se fomos os primeiros en derribar os muros que illaban aos europeos do pasado, agora queremos estar cos que cren que a defensa do propio non se fai separando, senón unindo”.

O presidente da Xunta rematará o día visitando o Instituto Cervantes, onde terá lugar a presentación da programación académica vinculada á exposición Os Adeuses, organizada polo Consello da Cultura Galega.

Audio: o presidente da Xunta de Galicia, sobre o convenio asinado co Institute of Fine Arts | Descargar

90 lecturas