Novas
Buscador
- Miranda reúnese cos responsables do Hogar Español de Montevideo para interesarse pola situación das e dos galegos aos que dá servizo grazas á colaboración entre ambas entidades 25.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración mantivo, así mesmo, un encontro na capital andina coas empresarias e os empresarios galegos do Uruguai para pechar as liñas de cooperación de cara o presente ano. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse na capital uruguaia cos responsables do Hogar Español de Montevideo que, grazas ás... Máis información
- Miranda agradece o traballo do coordinador da Federación de Sociedades Galegas de Cuba en Santa Clara, que permite ao Goberno galego achegar os seus programas sociais a esta provincia 23.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co vicecónsul honorario de España na rexión cubana, Augusto de Jesús Blanco Ugarte. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu o “enorme compromiso e traballo que realiza a Federación de Sociedades Galegas de Cuba” en todo o país, e particularmente na provincia de... Máis información
- Miranda traslada ás e aos galegos de Venezuela o apoio permanente da Galicia territorial a través do presidente da Hermandad Gallega de Caracas 20.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co responsable da entidade venezolana, que concentra arredor de 25.000 galegas e galegos na capital do país suramericano. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou a todas as cidadás e os cidadáns galegos que residen en Venezuela o apoio permanente e a preocupación que atopa a... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo de solicitude de axudas para as e os galegos do exterior en situación excepcional de emerxencia 17.04.2019 audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria, que busca paliar situacións sobrevidas derivadas de catástrofes naturais ou outras causas que esixan dunha actuación urxente . O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de decembro, xa que o 30 de novembro é sábado e, por tanto, non laborable. O Diario Oficial de Galicia (... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración convoca “Reencontros na Terra”, o programa que achega ás e aos maiores galegos do exterior á súa terra e ás súas familias 16.04.2019 audio O programa permitirá a 135 galegas e galegos de máis de 65 anos e residentes en América con poucos recursos económicos pasar ata mes e medio en Galicia. As axudas costearán a viaxe de ida e volta e a estancia nunha residencia de tempo libre durante catorce días, onde poderán participar en diferentes actividades socioculturais. O Diario Oficial de... Máis información
- Miranda invita aos centros galegos de Europa a intensificar a súa actividade para fortalecerse durante celebración dos 40 anos do Centro Galego de Marsella 14.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración participou nos actos de conmemoración das catro décadas da única entidade galega do sur de Francia. O programa do evento, ao que asistiron o cónsul general de España e a chanceler, Alberto Moreno Humet e María Luisa Lopez Mercader, respectivamente, incluíu a actuación do grupo do centro, Fentos e Toxos. O... Máis información
- Miranda agradece o labor que realiza a asociación Queixumes dos Pinos en prol da cultura galega na celebración do seu 25 aniversario 13.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou o importante labor en prol da cultura e tradicións galegas que realiza a asociación Queixumes dos Pinos desde hai un cuarto de século. O responsable autonómico agradeceu á agrupación o seu traballo e colaboración na defensa do patrimonio inmateral de Galicia durante a... Máis información
- Miranda anima ás e aos galegos da Galicia territorial a enorgullecerse do legado da emigración durante o acto de reposición da placa da antiga escola de Suarriba 12.04.2019 audio O secretario xeral da Emigración participou no acto presidido polo ABC do Partido de Corcubión de Bos Aires. O edificio educativo foi o terceiro dun total de catro que a entidade galegoarxentina construíra na zona de Corcubión. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou esta mañá a todas as galegas e galegos a “sentirse... Máis información
- Educación financia 100 bolsas para que a mocidade do exterior curse estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia 11.04.2019 audio O alumnado recibirá apoio económico ao longo dos dous cursos do ciclo, aínda que debe cumprir os requisitos de matriculación e rendemento académico. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca este ano un total de 100 bolsas -dotadas con 10.000 euros cada unha delas- para a mocidade do exterior co fin de cursar... Máis información
- Miranda recibe á cónsul de Cuba para concretar as liñas de colaboración en materia cultural de Galicia coa illa centroamericana nos vindeiros meses 10.04.2019 audio Trátase da primeira reunión do secretario xeral da Emigración con Yahima Martínez Millán desde o nomeamento da representante cubana. As previsións de cooperación inclúen a celebración dos 500 anos da fundación da cidade da Habana, un dos principais destinos da emigración galega do século XX. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
Páxinas |








