Miranda traslada ás e aos galegos de Venezuela o apoio permanente da Galicia territorial a través do presidente da Hermandad Gallega de Caracas

O secretario xeral da Emigración reuniuse co responsable da entidade venezolana, que concentra arredor de 25.000 galegas e galegos na capital do país suramericano.

En Venezuela residen -datos INE a 1 de xaneiro de 2019- 35.996 cidadás e cidadáns galegos
En Venezuela residen -datos INE a 1 de xaneiro de 2019- 35.996 cidadás e cidadáns galegos
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou a todas as cidadás e os cidadáns galegos que residen en Venezuela o apoio permanente e a preocupación que atopa a situación que atravesan na Galicia territorial. Fíxoo a través do presidente dunha das entidades con maior número de persoas asociadas de orixe galega de todo o mundo, a Hermandad Gallega de Venezuela, Roberto González Pérez, con quen mantivo un encontro na sede do departamento autonómico.

A reunión co máximo responsable da entidade galega situada en Caracas, unha das que conta cunha actividade cultural e social máis intensa de toda América, enmárcase nas estreitas relacións de colaboración que Galicia mantén coas e cos galegos residentes no exterior, e moi especialmente cos que viven en Venezuela. 

Un país con 36.000 residentes da comunidade
A Hermandad Gallega de Venezuela conta con preto de 25.000 galegas e galegos dun país que a 1 de xaneiro de 2019 acubilla 35.996 residentes de orixe galega, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Só en 2017 regresaron a Galicia procedentes de Venezuela un total de 2.163 emigrantes galegas e galegos ou descendentes con nacionalidade española e inscritos nalgún concello da comunidade.

713 lecturas