Miranda agradece o labor que realiza a asociación Queixumes dos Pinos en prol da cultura galega na celebración do seu 25 aniversario
Ourense, 13 de abril de 2019.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou o importante labor en prol da cultura e tradicións galegas que realiza a asociación Queixumes dos Pinos desde hai un cuarto de século. O responsable autonómico agradeceu á agrupación o seu traballo e colaboración na defensa do patrimonio inmateral de Galicia durante a celebración do 25 aniversario que tivo lugar na sede do colectivo onte á noite.
Novas relacionadas