Miranda reúnese cos responsables do Hogar Español de Montevideo para interesarse pola situación das e dos galegos aos que dá servizo grazas á colaboración entre ambas entidades
O secretario xeral da Emigración mantivo, así mesmo, un encontro na capital andina coas empresarias e os empresarios galegos do Uruguai para pechar as liñas de cooperación de cara o presente ano.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse na capital uruguaia cos responsables do Hogar Español de Montevideo que, grazas ás axudas que recibe do Goberno galego, presta atención a galegas e galegos residentes no Uruguai, por cuxa situación se interesou especialmente o secretario xeral da Emigración. A xuntanza tamén permitiu ao presidente da entidade, Ángel Domínguez, e a Miranda pechar as propostas de colaboración para 2019.
O responsable do departamento autonómico tamén mantivo un encontro con representantes da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU). O encontro, ao que asistiu a presidenta do colectivo, Sandra Canedo, serviu para facer balance das actividades levadas a cabo conxuntamente entre ambas entidades durante o ano pasado e definir as que van centrar a colaboración ao longo do actual exercicio.
Máis de 41.000 galegas e galegos
O Uruguai é o cuarto país do mundo con maior volume de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior, cun total de 41.385 galegas e galegos vivindo en territorio uruguaio, segundo os datos do INE a data 1 de xaneiro de 2019, os útimos oficiais, o que o converte nun dos principais destinatarios dos programas da Secretaría Xeral da Emigración.
Novas relacionadas