Novas
Buscador
- A Xunta despedirá a exposición ‘Castelao maxistral’ cun concerto da Orquestra de Cámara Galega na Cidade da Cultura o 1 de marzo 21.02.2019 audio A formación dirixida por Rogelio Groba dirá adeus á mostra que está a permitir contemplar por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’. O Gaiás organiza na última semana da exposición unha serie de debates escolares en torno aos valores democráticos reflectidos no emblemático cadro de Castelao. A Consellería de Cultura e Turismo... Máis información
- A Xunta amplía ás emigrantes retornadas as axudas a programas de entidades de iniciativa social para mulleres en situación de especial vulnerabilidade 20.02.2019 audio O orzamento para este ano ascende a 910.000 euros. Financiaranse programas de atención integral que inclúan servizos de orientación, atención psicolóxica ou asesoramento xurídico. A Xunta abriu a convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para que desenvolvan programas integrais de atención dirixidos a mulleres... Máis información
- A nova convocatoria formativa de Política Lingüística inclúe por primeira vez cursos Celga 3 en liña 19.02.2019 audio Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega a resolución pola que se convocan cursos preparatorios gratuítos das probas Celga nos seus catro niveis. A convocatoria abrangue cursos presenciais e en liña, estes últimos repartidos por ámbitos xeográficos que este ano se estenden ao Bierzo e Sanabria. O prazo de... Máis información
- Miranda pide desde Ribadeo que Galicia non esqueza a xenerosidade e as importantes achegas que as e os emigrantes fixeron desde os países de destino á súa terra de orixe 17.02.2019 audio O secretario xeral da Emigración presidiu “O Círculo Habanero coa Emigración”, que contou coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que presentou o seu cedé “Legado indiano”. O responsable do departamento autonómico salientou que as e os emigrantes seguen a enriquecer hoxe á comunidade galega a través do retorno. O secretario xeral da... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo para solicitar a nova liña das axudas extraordinarias ás e aos retornados con fillas e fillos menores de idade 15.02.2019 audio O departamento autonómico incrementará máis de tres veces o orzamento deste programa, de 550.000 a 1,75 millóns de euros, para ampliar a cobertura ás galegas e galegos que regresaran con nenas ou nenos a partir do 1 de xaneiro de 2019. Miranda sinala a necesidade de “adaptar as medidas que ten en marcha o Goberno galego para facilitar o retorno á... Máis información
- TVG e Antena 3 recollen a inauguración de "Os Adeuses" en Nova York 12.02.2019 audio As canles televisivas Antena 3 e Televisión de Galicia (TVG) destacaron nos seus informativos a inauguración esta pasada fin de semana da mostra Os Adeuses. Fotografías de Alberto Martí (The Farewells. Photographs by Alberto Martí), que permanecerá exposta no Ellis Island National Museum of Immigration de Nova York ata o vindeiro 5 de maio. En... Máis información
- O DOG publica a orde que permitirá ás entidades galegas no exterior solicitar axudas para actividades e gastos de funcionamento, dotada cunha partida de 1,6 millóns de euros 11.02.2019 audio Máis de un millón de euros deste orzamento están dirixidos aos gastos correntes e propostas de índole cultural e social en relación con Galicia e as e os galegos. Os outros 575.000 euros dotación económica teñen por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de marzo... Máis información
- Feijóo inaugura en Nova York a exposición ‘Os Adeuses’, “unha homenaxe á epopea de millóns de galegos” 09.02.2019 audio Salienta que a xeografía sentimental das galegas e os galegos sitúanos moi preto de América e fai de Galicia un territorio americano máis. Subliña que a emigración galega ten un aspecto tráxico e outro que se refire á capacidade de superación dun pobo, a súa solidariedade, a súa capacidade en suma para cambiar o destino ao que parecía condenado. O... Máis información
- A Xunta e o Institute of Fine Arts asinan un convenio para celebrar en Nova York no 2020 un simposio internacional único sobre o Camiño 08.02.2019 audio O documento asinado inclúe a proposta de elaborar unha publicación actualizada en inglés como resultado da celebración deste encontro. Feijóo avanza que o simposio, que estará coordinado por dous estudosos da talla de Robert A. Maxwell e Manuel Castiñeira, abordará as diferentes maneiras nas que as rutas xacobeas foron permeables á creación de... Máis información
- Feijóo promociona Galicia como un lugar estable no que investir e un destino turístico único coa celebración do Xacobeo 2021 08.02.2019 audio Esboza unha Galicia que crece máis que España e que está a reducir o desemprego tamén en maior medida, grazas en parte a súa capacidade internacionalizadora, batendo en 2018 novamente o seu récord de exportacións. Sinala que as empresas galegas son hoxe máis conscientes que nunca da necesidade de innovar para ofrecer un produto diferenciado: “Por... Máis información
Páxinas |







