Miranda anima ás e aos galegos da Galicia territorial a enorgullecerse do legado da emigración durante o acto de reposición da placa da antiga escola de Suarriba

O secretario xeral da Emigración participou no acto presidido polo ABC do Partido de Corcubión de Bos Aires.

O edificio educativo foi o terceiro dun total de catro que a entidade galegoarxentina construíra na zona de Corcubión.

  • O edificio, construído e doado pola ABC do Partido de Corcubión, inaugurouse en 1930 como a terceira escola dun total de catro que a asociación construíra no Partido Xudicial de Corcubión
    O edificio, construído e doado pola ABC do Partido de Corcubión, inaugurouse en 1930 como a terceira escola dun total de catro que a asociación construíra no Partido Xudicial de Corcubión

Listen to this page using ReadSpeaker
Fisterra, 12 de abril de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou esta mañá a todas as galegas e galegos a “sentirse orgullosos da pegada que a emigración deixou na Galicia territorial e da súa influencia positiva no tecido económico e social dos concellos”. O responsable do departamento autonómico lembrou o fundamental legado que a emigración galega deixou a xeracións, non só coetáneas, senón tamén futuras, durante a reposición da placa da antiga escola de Suarriba, no concello de Fisterra. De aí, engadiu Miranda, “a relevancia e o significado do acto de xustiza levado a cabo a pasada fin de semana polo Parlamento de Galicia ao entregarlle a súa medalla á emigración galega no seu conxunto”. 

“Todos e cada un dos emigrantes forman parte da nosa historia e, como protagonistas principais dela, son tamén artífices do seu devir e do seu progreso”, concluíu o secretario xeral da Emigración. Xunto a el e presidindo o acto, o presidente da ABC do Partido de Corcubión en Bos Aires, Carlos Óscar Ameijeiras Miñones, descubriu a nova placa, que identifica unha das 317 escolas de indianos construídas en Galicia.

Un inmoble inaugurado en 1930
O edificio, construído e doado pola ABC do Partido de Corcubión no lugar de Suarriba, inaugurouse en 1930 como a terceira escola dun total de catro que a asociación construíra en concellos que formaban parte do Partido Xudicial de Corcubión. O inmoble, que funcionou como centro de ensinanza primaria, tiña unha placa na que se lía “Escuela Juan Díaz Fernández, nº 3, de la ABC del Partido de Corcubión, Buenos Aires”, que desapareceu. Por iso, o acto de reposición pretende simbolizar o legado entregado polas e polos que tiveron que deixar a súa terra en busca dun futuro pero que non esqueceron as súas raíces nin a súa xente, segundo a organización.

570 lecturas