Novas
Buscador
- Feijóo traslada ao presidente Macri a preocupación dos máis de 176.000 galegos e galegas que viven na Arxentina e das empresas galegas que invisten e xeran emprego no país ante a inestabilidade actual 18.09.2019 audio “Para Galicia este país é unha porta que sempre imos ter aberta e da que sempre estamos pendentes”, di, recordando que Arxentina é un destino moi consolidado na axenda internacional da nosa economía: tanto en investimento galego neste país, como en exportacións. Ambos abordaron a importancia do apoio do Goberno arxentino “para que as empresas... Máis información
- Feijóo convoca ás galegas e galegos da Arxentina a ser os mellores embaixadores do próximo Xacobeo 2021 para dar a coñecer a mellor Galicia da nosa historia 18.09.2019 audio “O Xacobeo 2021 será unha festa sen fronteiras e pídovos que sexades os seus mellores embaixadores como o fostes sempre da vosa terra”, di. Destaca que, no próximo Ano Santo, Galicia converterase “nunha terra á que vir e á que volver coa certeza de atopar algo novo, unha versión distinta do que somos”. Co obxectivo de que a Comunidade faga honra á... Máis información
- Feijóo acredita a dimensión internacional da frota galega cunhas exportacións que superan os 2.200 millóns de euros e cun incremento dun 70% nos últimos dez anos 17.09.2019 audio O presidente da Xunta visitou hoxe Puerto Deseado, onde teñen a súa sede a pesqueira Vieira de Argentina, Pesquera Argenova, Profand e a pesqueira Santa Cruz e onde se reuniu coas autoridades locais. Salienta que o sector pesqueiro galego ten presenza en 30 países, o que converte á Comunidade na décima potencia do mundo no que á pesca se refire,... Máis información
- Feijóo expresa a disposición a unha colaboración mutua Arxentina-Galicia para avanzar na xestión e ordenación pesqueira, na formación das tripulacións e na loxística portuaria 16.09.2019 audio Avoga pola creación, en base á colaboración entre os Estados da área do Atlántico Sudeste, dunha Organización Rexional de Pesca que permita ordenar e xestionar correctamente as pesqueiras, ao igual que xa sucede en moitas outras áreas. “Trataremos coas autoridades temas de interese para a viabilidade das nosas empresas e para a pesca de Galicia,... Máis información
- O sector pesqueiro pide a Feijóo que solicite ás autoridades arxentinas a mellora da operatividade do peirao de Puerto Madryn, un dos máis empregados pola frota galega en Arxentina 16.09.2019 audio Feijóo subliña que esta mellora, que é unha das principais demandas das pesqueiras galegas afincadas na zona, podería captar máis tráficos pesqueiros de Arxentina ou de España debido ás plantas transformadoras de lagostino e pota e ás liñas de transporte marítimo en contedor que hai na zona. Unha das posibilidades para a ampliación das... Máis información
- A Asociación Centro Partido de Carballiño visita Galicia nun achegamento ás súas raíces 13.09.2019 audio Un grupo da Asociación Centro Partido de Carballiño está a visitar Galicia esta semana co obxectivo de achegarse as súas raíces galegas. Con este fin, durante os vindeiros días percorrerán algúns dos lugares máis emblemáticos da nosa comunidade, comezando hoxe por Santiago, onde foron recibidas e recibidos polo subdirector xeral de Xestión... Máis información
- Miranda avoga pola conservación e difusión das “tradicións da nosa terra” no Centro Galego de México 13.09.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co representante do Centro Galego de México, Manuel Ferradas. Durante este encontro, o secretario recalcou a importancia de “manter unha boa liña de traballo, para reforzar as sinerxias con México” no tocante a difusión das tradicións galegas a través desta entidade. Non... Máis información
- Miranda avoga polo retorno emprendedor galego para impulsar a mellora da competitividade empresarial e afrontar o reto demográfico 12.09.2019 audio Salienta a importancia do programa de axudas ao retorno emprendedor, aberto á solicitude de axudas ata fin de mes, e anima aos emprendedores do exterior “a traer de volta a súa terra todo o coñecemento adquirido” Destaca que máis de 150 galegos retornados activaron novos negocios co apoio da Xunta desde a posta en marcha desta iniciativa Subliña... Máis información
- Miranda amosa o seu apoio aos galegos de Lleida e agradece ao seu centro o traballo que desempeñan diariamiente a prol da galeguidade 10.09.2019 audio Sitúa ás entidades de Cataluña como “exemplo de integración e cooperación”: “O Centro de Lleida é parte fundamental da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña, con preto de 1.000 socios dos que case 700 son galegos” Tralo seu paso por Galicia, anímaos a “volver aos seus fogares como os mellores embaixadores da nosa terra”, en especial de cara ao... Máis información
- Miranda trasládalle aos representantes de HEVEGA o “permanente compromiso” da Xunta coa situación dos galegos de Venezuela 09.09.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe coa directiva da Hermandad Venezolana Galicia – HEVEGA, aos que lle trasladou o “permanente compromiso” da Xunta de colaborar coa situación dos galegos de Venezuela. Neste sentido, cómpre lembrar que esta asociación constituíuse fai dous anos en A Coruña co obxectivo de... Máis información
Páxinas |









