O sector pesqueiro pide a Feijóo que solicite ás autoridades arxentinas a mellora da operatividade do peirao de Puerto Madryn, un dos máis empregados pola frota galega en Arxentina

Feijóo subliña que esta mellora, que é unha das principais demandas das pesqueiras galegas afincadas na zona, podería captar máis tráficos pesqueiros de Arxentina ou de España debido ás plantas transformadoras de lagostino e pota e ás liñas de transporte marítimo en contedor que hai na zona.

Unha das posibilidades para a ampliación das instalacións portuarias de Chubut que a comunidade galega puxo de relevo é a construción dun novo porto exterior en Rawson, situada a 60 quilómetros de Puerto Madryn.

No encontro coa colectividade galega, resalta que o Xacobeo 2021 será unha festa sen fronteiras e pide ás galegas e aos galegos do exterior que sexan “os mellores embaixadores, como o fostes sempre, da nosa terra”.

  • O presidente da Xunta visitou o peirao de Puerto Madryn, na provincia arxentina de Chubut, con responsables de empresas pesqueiras e do porto e, posteriormente, visitou a Casa de Galicia Voces da Nosa Terra
    O presidente da Xunta visitou o peirao de Puerto Madryn, na provincia arxentina de Chubut, con responsables de empresas pesqueiras e do porto e, posteriormente, visitou a Casa de Galicia Voces da Nosa Terra
  • O presidente da Xunta visitou o peirao de Puerto Madryn, na provincia arxentina de Chubut, con responsables de empresas pesqueiras e do porto e, posteriormente, visitou a Casa de Galicia Voces da Nosa Terra
    O presidente da Xunta visitou o peirao de Puerto Madryn, na provincia arxentina de Chubut, con responsables de empresas pesqueiras e do porto e, posteriormente, visitou a Casa de Galicia Voces da Nosa Terra
  • O presidente da Xunta visitou o peirao de Puerto Madryn, na provincia arxentina de Chubut, con responsables de empresas pesqueiras e do porto e, posteriormente, visitou a Casa de Galicia Voces da Nosa Terra
    O presidente da Xunta visitou o peirao de Puerto Madryn, na provincia arxentina de Chubut, con responsables de empresas pesqueiras e do porto e, posteriormente, visitou a Casa de Galicia Voces da Nosa Terra
Listen to this page using ReadSpeaker
Puerto Madryn (Arxentina), 16 de setembro de 2019.

O sector pesqueiro pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante unha visita a Puerto Madryn, na tarde do domingo (23:30 horas en España), que solicite ás autoridades arxentinas a ampliación das instalacións do peirao para favorecer a actividade da frota galega que opera nel. Así o puxo de manifesto Feijóo na visita a este porto da provincia de Chubut, un dos máis empregados polo sector pesqueiro de Galicia no país latinoamericano.

O encontro en Puerto Madryn é o primeiro da axenda do presidente da Xunta en Arxentina onde estes días, acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, realizará varias visitas e manterá reunións con administracións, empresariado e cos principais axentes económicos pesqueiros para afondar sobre a súa situación no país latinoamericano.

En Puerto Madryn, Feijóo mantivo unha xuntanza con representantes da administración portuaria, entre eles o seu director, Osvaldo Sala, e de empresas pesqueiras galegas afincadas na zona. Nela, o titular da Xunta fixo fincapé no vínculo deste país co mar de Galicia e no valor socioecómico que ten para ela o molle desta cidade, xa que nel operan principalmente catro empresas de capital galego.

A mellora da operatividade do peirao que o presidente do Executivo galego solicitou, tras a petición do sector, ante os responsables do porto durante a reunión, é unha das principais demandas destas empresas. Non en van, a mellora da operatividade do peirao de Puerto Madryn podería captar máis tráficos pesqueiros de Arxentina ou de España debido ás plantas transformadoras de lagostino e pota e ás liñas de transporte marítimo en contedor que hai na zona.

Unha das posibilidades que o presidente da Xunta puxo de relevo durante a visita para a ampliación das instalacións portuarias de Chubut é a posible construción dun novo porto exterior en Rawson, capital da provincia e situada a 60 quilómetros de Puerto Madryn. De cara ao seu estudo por parte das autoridades arxentinas, Feijóo brindou a colaboración de Galicia no asesoramento e avaliación das necesidades e proposta de alternativas para este proxecto.

En canto aos aspectos económicos da operatividade no molle de Puerto Madryn, o titular do Executivo galego destacou a necesidade de artellar medidas de adecuación económica dos servizos, especialmente no caso da estiba, tendo en conta que nos últimos anos se rexistrou unha alza xeralizada e substancial das tarifas portuarias de Puerto Madryn.

Cómpre salientar que a cidade de Puerto Madryn está situada sobre a costa occidental de Golfo Nuevo, unha zona que conta cun abrigo natural e con profundidades idóneas para albergar instalacións portuarias destinadas a buques de gran tamaño e tamén a buques menores. A súa zona portuaria conta co peirao Almirante Storni e o molle turístico Comandante Luís Piedra Buena.

Visita á Casa de Galicia Voces da Nosa Terra
Posteriormente (madrugada en España), Feijóo visitou a Casa de Galicia Voces da Nosa Terra, onde tivo ocasión de saudar á colectividade galega e de reivindicar non só os lazos históricos que nos unen, senón tamén os novos vínculos que se foron creando nos últimos tempos.

“A historia de Galicia con este país, Arxentina, non só se circunscribe a un pasado común do que nos sentimos orgullosos, senón que fomos escribindo un presente con vínculos novos, que xa non pasan pola emigración”, dixo, referíndose como un bo exemplo deses lazos económicos á pesca.

Un vínculo, aseverou, que se reforza en visitas como a realizada ao porto e ás empresas de Puerto Madryn para recoñecer o vínculo e o nivel co que as empresas galegas traballan en Arxentina e, en segundo lugar, para defender os seus intereses de cara a seguir xerando emprego e riqueza, tanto en Galicia como na Arxentina.

O presidente da Xunta aproveitou o encontro para destacar que no próximo Ano Santo, que se celebrará en 2021, Galicia converterase nun punto de encontro de linguas, de culturas e de xente. “O noso obxectivo é que todos os que veñan non só disfruten do mellor Xacobeo da nosa historia, senón tamén da mellor Galicia da nosa historia. Unha Galicia á que vir e á que volver coa certeza de atopar algo novo, unha versión distinta do que somos”, abundou, enxalzando a gastronomía e paisaxes como os das Illas Atlánticas ou o da Ribeira Sacra.

Feijóo concluíu aseverando que o Xacobeo 2021 será unha festa sen fronteiras e pediu aos galegos e as galegas do exterior que sexan “os mellores embaixadores, como o fostes sempre, da nosa terra”.

535 lecturas