Novas
Buscador
- Miranda salienta durante o 40 aniversario do Centro Español Santiago Apóstol de Liechtenstein “o seu fiel compromiso a favor da cultura e o patrimonio galego” 17.11.2019 audio O secretario xeral da Emigración asiste aos actos programados pola entidade destacando que “a Galicia que está agardando por vós é unha Galicia forte, lista e desexosa de aceptar toda a experiencia, a sabedoría e o coñecemento que levades convosco”. Trátase da primeira viaxe oficial do representante do Goberno autonómico a un país que conta cunha... Máis información
-
Miranda agradece ao Centro Galego de Lausanne o seu labor na divulgación de temas de interese para a comunidade galega no exterior
15.11.2019
audio
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro en Santiago co presidente do Centro de Promoción da Cultura Galega, Manuel Amarelle Amigo, a quen lle agradeceu o labor que están a desenvolver na organización de actividades para a divulgación de temas de interese para a comunidade galega no exterior. “Quero...
Máis información
- Feijóo destaca a exposición ‘Galicia, un relato no mundo’ como unha mostra prodixiosa que permite agrupar retazos dunha historia na que podemos sentirnos a gusto todas e todos os galegos 14.11.2019 audio Asegura que, a través de máis de 300 pezas, cedidas por preto de 20 coleccións privadas e 70 entidades prestadoras, esta mostra quere ser un diálogo con nós mesmas e mesmos e co mundo do que formamos parte. “O que aquí se nos mostra, nos mitos, nas historias, nas memorias e nas vidas, é un pobo sen o cal a historia do mundo sería diferente, máis... Máis información
- O XII Consello de Comunidades Galegas centrará os seus traballos no papel da emigración nas políticas culturais e sociais e na aposta polo retorno e a galeguidade 13.11.2019 audio O plenario, que se celebrará en Santiago os días 3 e 4 de decembro, abordará, a través de 4 relatorios, a situación actual da colectividade e os campos nos que seguir impulsando o desenvolvemento da Galicia exterior e as posibilidades de retorno. Trátase da primeira vez que o retorno conta cun relatorio propio no Consello, froito da crecente... Máis información
- Miranda subliña que a exposición Inventio Mundi “é unha nova forma de homenaxear a todos aqueles galegos que levan séculos levando o noso nome polo mundo” 12.11.2019 audio O secretario xeral da Emigración resalta que a mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega e que permanecerá no Museo de Pontevedra ata o 14 de xaneiro, “realza o papel de Galicia nas viaxes transoceánicas dos séculos XV a XVII” . Salienta que esa relación entre América e Galicia, nada fai cinco séculos, “reforzouse durante os procesos... Máis información
- Miranda apoia o gran labor de "compromiso e protección da colectividade galega" da Casa Galicia de Bonn 09.11.2019 audio O secretario xeral da Emigración participa na tradicional foliada anual desta entidade, que reúne a “mozos galegos chegados de todo Alemaña para compartir a nosa cultura e tradicións”. Visita o Centro Cultural Español de Frankfurt, “no que se integra a colectividade galega facendo del un lugar dinamizador da nosa terra no corazón de Alemaña”.... Máis información
- Miranda inicia unha nova viaxe a Alemaña cun encontro con socias e socios e directivos das entidades galegas de Hannover e Gütersloh 08.11.2019 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe unha nova viaxe a Alemaña, a segunda que leva a cabo este ano ao país teutón, cun encontro con socias e socios e directivas e directivos das entidades galegas de Hannover e Gütersloh. O responsable autonómico visitou primeiro as instalacións do Centro Galego de Hannover,... Máis información
- Miranda subliña que a historia da emigración galega a Cuba é o “fiel reflexo dos fortes lazos que desde hai séculos unen estreitamente ambas terras” 07.11.2019 audio O secretario xeral da Emigración participa na conferencia ‘A presenza galega na Habana’, promovida polo Consello da Cultura Galega con motivo do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana. Salienta que “coidar a nosa colectividade na illa é reforzar un dos vínculos máis antigos coa Galicia exterior”. “Galicia garda con Cuba unha inmensa... Máis información
- Galegas en Cuba pon en valor e réndelle tributo ao papel da muller na emigración 06.11.2019 audio Valentín García e Antonio Rodríguez Miranda acompañaron hoxe a Julio César González Pagés no acto de presentación da publicación que sae do prelo co apoio da Xunta de Galicia. Visibiliza a historia da asociación cubana “Hijas de Galicia” xurdida en 1914 da necesidade de protexer a muller galega emigrada que chegou á illa e que congregou ata 58.000... Máis información
- Miranda agradece á Casa de Galicia en Uruguay a súa xenerosidade para ceder temporalmente A ‘Santa’ de Asorey, evidencia de que “A Galicia Exterior é parte fundamental da nosa terra” 05.11.2019 audio O secretario xeral da Emigración mantén un encontro con José Enrique Sienra, secretario da entidade, no que pon en valor “a importancia dos centros galegos na conservación do noso patrimonio”. Subliña que a imaxe tense convertido nunha das obras máis relevantes da cultura galega, “símbolo das aportacións da Galicia exterior á Galicia universal”.... Máis información
Páxinas |









