Miranda apoia o gran labor de "compromiso e protección da colectividade galega" da Casa Galicia de Bonn
O secretario xeral da Emigración participa na tradicional foliada anual desta entidade, que reúne a “mozos galegos chegados de todo Alemaña para compartir a nosa cultura e tradicións”.
Visita o Centro Cultural Español de Frankfurt, “no que se integra a colectividade galega facendo del un lugar dinamizador da nosa terra no corazón de Alemaña”.
Agradece o traballo que realizan estas entidades na divulgación e promoción de temas de interese para a comunidade galega en Alemaña.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta fin de semana o Club de Galicia de Bonn, onde participou na tradicional foliada anual que organizan na súa sede. Unha celebración que reúne a “mozos galegos chegados de todo Alemaña para compartir a nosa cultura e tradicións” e que, como recordou o representante do goberno autonómico, representa o esforzo do centro “por coidar e espallar a tradición e cultura galega nunha Alemaña comprometida cos nosos galegos”.
Neste sentido, Miranda resaltou a promoción de actividades culturais, deportivas e recreativas por parte, ao tempo que agradeceu o traballo que realizan esta e outras entidades na divulgación e promoción de temas de interese para a comunidade galega en Alemaña, tanto para o desenvolvemento da súa vida diaria como en materia de retorno.
“Facilitar a vida cotiá da nosa colectividade, fomentar a súa unión e axudar ao seu crecemento segue a ser unha das máximas que compartimos con todas as casas de Galicia no mundo”, subliñou Miranda, quen resaltou o gran labor de “compromiso e protección da colectividade galega” que o Club está a realizar .
Case 40 anos de actividades socioculturais
Con 164 socias e socios e 96 deles galegos, esta comunidade traballa moi activamente levando acabo múltiples actividades que abraguen dende a música e o baile como é o caso do Grupo Neboeira dende 2003 ou a creación do equipo de fútbol, na mesma data de fundación do centro, o Club Galicia de Bonn. Cumprirá o seu 40 aniversario o ano que vén, símbolo do bo facer deste centro e da súa entrega a preservación e espallamento da cultura galega fóra dos nosos lindes.
Magosto no Centro Cultural Español de Frankfurt
Así mesmo, o secretario xeral da Emigración aproveitou a súa estadía en Alemaña para manter un encontro cos representantes do Centro Cultural Español de Frankfurt, na procura de coñecer de primeira man as actividades que realizan e o estado da colectividade galega nesta cidade alemá. Non en van, e como sinalou, “hoxe mesmo festexamos o tradicional magosto galego neste centro, o que da idea da integración no mesmo da nosa colectividade, e facendo del un lugar dinamizador da nosa terra no corazón mesmo de Alemaña”.
Novas relacionadas