Feijóo destaca a exposición ‘Galicia, un relato no mundo’ como unha mostra prodixiosa que permite agrupar retazos dunha historia na que podemos sentirnos a gusto todas e todos os galegos

Asegura que, a través de máis de 300 pezas, cedidas por preto de 20 coleccións privadas e 70 entidades prestadoras, esta mostra quere ser un diálogo con nós mesmas e mesmos e co mundo do que formamos parte.

“O que aquí se nos mostra, nos mitos, nas historias, nas memorias e nas vidas, é un pobo sen o cal a historia do mundo sería diferente, máis pequena, menos creativa, menos aberta”, di.

  • O presidente da Xunta visitou hoxe a que é a primeira das tres grandes exposicións do Xacobeo 2021 que, aberta ata o 12 de abril do ano que vén no Museo Centro Gaiás, conta con obras clave da cultura galega nunca antes exhibidas na Comunidade
    O presidente da Xunta visitou hoxe a que é a primeira das tres grandes exposicións do Xacobeo 2021 que, aberta ata o 12 de abril do ano que vén no Museo Centro Gaiás, conta con obras clave da cultura galega nunca antes exhibidas na Comunidade

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á exposición Galicia, un relato no mundo, no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, como unha mostra “prodixiosa” que fai presente o pasado e que permite agrupar retazos dunha historia na que podemos sentirnos a gusto todos os galegos e as galegas.

“Nela Galicia amósase como un centro inmemorial do mundo atlántico, un destino predilecto de peregrinacións, un eixo cultural de primeira orde, primordial na orixe do sentimento europeo”, engadiu, subliñando que as e os visitantes poderán comprobar ademais que ese protagonismo galego non aparece esporadicamente nunha época, para esmorecer na seguinte, “senón que é a nosa é unha luz permanente e inesgotable como demostran as testemuñas aquí reunidas”.

A través de máis de 300 pezas, cedidas por preto de 20 coleccións privadas e 60 entidades prestadoras, Feijóo aseverou que esta primeira das tres grandes exposicións do Xacobeo 2021 quere ser un diálogo con nós mesmas e mesmos e co mundo do que formamos parte. “Aspira a contribuír a que medre o orgullo de ser o que somos, mediante a grandeza dos nosos históricos parentes”, dixo, incidindo en que é un espello no que podemos mirarnos a nós mesmas e mesmos.

Así mesmo, resaltou que xunto a este diálogo íntimo coa galeguidade, a exposición dialoga coa nosa contorna, dicíndolle ao mundo que a Galicia do século XXI sigue sendo unha peza esencial no mosaico que forma a humanidade enteira. “Estes obxectos, documentos, imaxes e esculturas falan dunha terra expansiva que participa nas grandes correntes culturais e de pensamento, xa desde os tempos nos que o real e o lendario se confunden. O que aquí se nos mostra, nos mitos, nas historias, nas memorias e nas vidas, é un pobo sen o cal a historia do mundo sería diferente, máis pequena, menos creativa, menos aberta”, abundou.

Durante a visita, Feijóo quixo trasladar o agradecemento, entre outros, ao Museo do Prado, á Biblioteca Apostólica Vaticana, á Bodleian Library, ao Trinity College de Dublín, á Universidade de Cambridge, ao Museo Nacional de Arqueoloxía de Portugal, á Casa de Galicia en Uruguai e á Biblioteca Nacional, por confiar na seriedade dun proxecto no que brilla a colaboración institucional, na profesionalidade do equipo dirixido polo comisario Manuel Gago e, por riba de todo, na transcendencia do Xacobeo, un fenómeno universal.

Nun momento no que a historia se utiliza como unha ferramenta máis para separar á xente, Feijóo concluíu salientando que nesta mostra exhíbese unha concordia retroactiva “que nos axuda a facer aínda máis grande a idea de Galicia”.

Obras clave da cultura galega nunca antes exhibidas en Galicia
Cómpre salientar que, entre as máis de 300 pezas que reúne esta ambiciosa mostra, se poderán contemplar obras que nunca antes se exhibiron en Galicia, cun elevado valor simbólico e que resultan esenciais para comprender a cultura e a identidade galega no marco histórico internacional.

Así, a Xunta chegou a un acordo co Trinity College de Dublín para que, por vez primeira, saíse de Irlanda o Libro das Invasións, obra onde se atopa a primeira mención coñecida a Breogán.

O Libro das Invasións é parte do Book of Leinster –unha das principais compilacións da literatura medieval irlandesa– e, bebendo de fontes bíblicas, mitolóxicas e de autores cristiáns, dá conta da invasión de Irlanda por diferentes pobos entre eles os conquistadores procedentes de Brigantia.

Así mesmo, asinouse un acordo de préstamo coa Cambridge University-Parker Library en virtude do cal pódese contemplar, tamén por primeira vez en Galicia, o Mapa de Sawley. Considerado un dos primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos, da época do Pórtico da Gloria (século XII), a obra representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa, ilustrándoa en maior tamaño que a Basílica de Roma.

A exposición exhibe tamén dous códices calixtinos: o da Biblioteca Vaticana e o da Universidade de Salamanca; conta co Cancioneiro da Vaticana, que xunto ao Cancioneiro de Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa constitúen o corpus máis valioso da lírica medieval galaico portuguesa; e acolle a escultura Santa de Francisco Asorey.

Entre outras moitas pezas, esta mostra ofrece a posibilidade de contemplar tamén a Biblia Kennicott –manuscrito considerado unha xoia da iluminación medieval e a testemuña máis importante da presenza xudía en Galicia– e o Itinerario de Exeria, manuscrito procedente da Biblioteca de Arezzo en Italia, que relata a peregrinación desta aristócrata galaicorromana, considerada a primeira escritora coñecida da Península Ibérica. Xunto a ela está ademais o Guerreiro de Lesenho, peza central para entender a Idade do Ferro no noroeste da Península, prestado polo Museu Nacional de Arqueologia de Portugal.

Outra das novidades é que Galicia, un relato no mundo concibe, ademais, as novas tecnoloxías como un elemento central do relato da exposición, empregando sistemas punteiros de realidade virtual, realidade aumentada e dispositivos de detección sensorial. Así, entre outras aplicacións, a mostra converterá a arquitectura do Museo Centro Gaiás –a través de realidade virtual– nun transatlántico da emigración galega a América; permitirá dar vida a todo un universo da Galicia medieval empregando tecnoloxías propias dos videoxogos; recreará o templo no que se atopa a referencia ao pobo dos galaicos máis distante –o Sebasteion das Afrodisias en Turquía– ou fusionará linguaxes tan distintas e afastadas no tempo como os códices medievais e a estética propia do cómic e do graffiti.

En imaxes
150 lecturas