Miranda inicia unha nova viaxe a Alemaña cun encontro con socias e socios e directivos das entidades galegas de Hannover e Gütersloh

  • O secretario xeral da Emigración, no Centro Galego de Hannover
    O secretario xeral da Emigración, no Centro Galego de Hannover
  • O secretario xeral da Emigración, no Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante de Gütersloh
    O secretario xeral da Emigración, no Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante de Gütersloh
  • O secretario xeral da Emigración, asinando no Libro de honra do Centro Galego de Hannover
    O secretario xeral da Emigración, asinando no Libro de honra do Centro Galego de Hannover
  • O secretario xeral da Emigración, no Centro Galego de Hannover
    O secretario xeral da Emigración, no Centro Galego de Hannover
  • O secretario xeral da Emigración, no Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante de Gütersloh
    O secretario xeral da Emigración, no Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante de Gütersloh
Listen to this page using ReadSpeaker
Hannover (Alemaña), 8 de novembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe unha nova viaxe a Alemaña, a segunda que leva a cabo este ano ao país teutón, cun encontro con socias e socios e directivas e directivos das entidades galegas de Hannover e Gütersloh. 

O responsable autonómico visitou primeiro as instalacións do Centro Galego de Hannover, que suma hoxe en día máis de 150 persoas asociadas das que case o 70% son galegas. Durante a visita, Miranda salientou o “traballo admirable dos galegos do exterior, que teñen levado o mellor de Galicia a todo o mundo”; un esforzo que “se reflicte en comunidades como esta”. “Quero felicitarvos polo voso labor continuo a prol de Galicia e dos galegos e animarvos a seguir así”, incidiu. 

Así mesmo, Rodríguez Miranda mantivo tamén un encontro de traballo co Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante, da cidade de Gütersloh. Fundada en 1979, a entidade cumpre este ano 4 décadas de difusión da cultura galega en Alemaña. Neste marco, o secretario xeral agradeceu o “impagable labor” desenvolvido, e animou á directiva deste, e do resto de centros alemáns, a seguir cooperando coa colectividade galega na difusión de temas de interese, tanto para a vida cotiá como á hora de afrontar o retorno a Galicia  
 
O terceiro país de Europa con máis galegas e galegos
Na Alemaña residen 17.227 cidadás e cidadáns galegos, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística, con data 1 de xaneiro de 2018, o que o convirte no terceiro país do continente con maior presenza de galegas e galegos, só superado por Suíza e Francia. Do total de cidadás e cidadáns galegos no país xermano, menos da metade, 8.183, naceron en Galicia, e máis do 52 % restante foi nado xa en Alemaña.

540 lecturas