Miranda agradece á Casa de Galicia en Uruguay a súa xenerosidade para ceder temporalmente A ‘Santa’ de Asorey, evidencia de que “A Galicia Exterior é parte fundamental da nosa terra”

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro con José Enrique Sienra, secretario da entidade, no que pon en valor “a importancia dos centros galegos na conservación do noso patrimonio”.

Subliña que a imaxe tense convertido nunha das obras máis relevantes da cultura galega, “símbolo das aportacións da Galicia exterior á Galicia universal”.

Convida aos galegos do exterior a visitar a ‘Santa’ e a mostra na que se exhibe –‘Galicia, un relato no mundo’-, que abre o vindeiro día 14 como a primeira exposición internacional do Xacobeo 2021.

  • Miranda agradece á Casa de Galicia en Uruguay a súa xenerosidade para ceder temporalmente A ‘Santa’ de Asorey, evidencia de que “A Galicia Exterior é parte fundamental da nosa terra”
    Miranda agradece á Casa de Galicia en Uruguay a súa xenerosidade para ceder temporalmente A ‘Santa’ de Asorey, evidencia de que “A Galicia Exterior é parte fundamental da nosa terra”
  • Miranda agradece á Casa de Galicia en Uruguay a súa xenerosidade para ceder temporalmente A ‘Santa’ de Asorey, evidencia de que “A Galicia Exterior é parte fundamental da nosa terra”
    Miranda agradece á Casa de Galicia en Uruguay a súa xenerosidade para ceder temporalmente A ‘Santa’ de Asorey, evidencia de que “A Galicia Exterior é parte fundamental da nosa terra”
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro co seu homólogo da Casa de Galicia de Montevideo, José Enrique Sienra, a quen lle agradeceu a “enorme xenerosidade” do centro para ceder temporalmente, tras 70 anos na diáspora, a coñecida ‘Santa’ de Asorey, unha escultura que, segundo salientou, evidencia que “a Galicia exterior é parte fundamental da nosa terra”.

“Quero dar as grazas publicamente á Casa de Galicia en Uruguai. Se imos desfrutar na Cidade da Cultura dunha das obras máis significativas do noso patrimonio artístico e cultural, e pola súa implicación na adquisición e conservación, durante todos estes anos, desta impoñente talla”, sinalou o titular do departamento autonómico.

Neste sentido, Rodríguez Miranda destacou “a importancia dos centros galegos na conservación do noso patrimonio”, configurándose así como unha “parte fundamental e imprescindible do relato da Galicia exterior e, polo tanto, de toda a nosa terra”.   

Obras como esta, proseguiu o secretario xeral da Emigración, simbolizan “a aportación da Galicia exterior á Galicia universal”. “Sen dúbida, unha parte moi relevante do relato de Galicia no mundo é o que levan construído durante décadas os galegos no exterior. Unha anaco moi grande da nosa historia reside nesa Galicia exterior que conforman tanto os que emigraron como os que xa naceron fora”, incidiu.

Neste marco, Miranda convidou a todos eses galegos da diáspora a visitar a ‘Santa’ e o resto de obras da mostra na que se exhibe –Galicia, un relato no mundo-, que abrirá as súas portas o vindeiro día 14 de novembro como a primeira exposición internacional do próximo Xacobeo 2021.    

O encontro co secretario da Casa de Galicia de Montevideo permitiu tamén por en común aquelas inquedanzas que preocupan os galegos residentes no país andino. Uruguai, con 41.381 galegos, convertese no cuarto país de América que presenta maior número de emigrantes.

1004 lecturas