Novas
Buscador
- As galegas retornadas serán prioritarias nos programas de entidades de iniciativa social dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade 24.02.2021 audio A Xunta aprobou as bases para a convocatoria deste ano que conta con 1,4M€ de orzamento e co que se financian proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres, e que forma parte da Estratexia Galicia Retorna. Inclúese tamén axudas para recursos integrais específicos para mulleres en situación de especial vulnerabilidade xestantes... Máis información
- Emigración e Política Lingüística presentan hoxe ás 20 horas por Facebook Live o documental “A memoria viva” sobre o Centro Gallego da Habana 24.02.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Língüística, Valentín García Gómez, presentarán esta tarde ás 20 horas (en España) a través de Facebook Live, o documental A memoria viva realizado polo xornalista Pablo López, sobre o Centro Gallego da Habana. Os interesados e interesadas poderán... Máis información
- Vicepresidencia primeira e Emigración analizan a colaboración da colectividade galega de Arxentina e Uruguai no Ano Santo Xacobeo 23.02.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, trasladáronlle ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, o interese da colectividade galega destes dous países na promoción e participación nos diferentes actos e... Máis información
- Emigración e a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados informan sobre os principais trámites que se deben facer ao chegar a Galicia 23.02.2021 audio A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados a Galicia, presentan un vídeo no que se informa sobre os principais trámites que os galegos e galegas que volven á nosa comunidade autónoma deben facer, especialmente no caso dos bolseiros e bolseiras BEME, que realizan un mestrado nunha das tres... Máis información
- Emigración e Política Lingüística presentan mañá, mércores 24, o documental “A memoria viva” sobre o Centro Gallego da Habana 23.02.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Língüística, Valentín García Gómez, presentarán mañá, mércores 24, ás 20 horas (en España) a través de Facebook Live, o documental A memoria viva realizado polo xornalista Pablo López, sobre o Centro Gallego da Habana. Os interesados e interesadas... Máis información
- Emigración organiza cos alumnos e alumnas BEME das universidades galegas unhas xornadas formativas sobre a incorporación no ámbito laboral 22.02.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou as xornadas sobre formación e emprego que organiza este departamento autonómico co obxectivo de potenciar os coñecementos das e dos beneficiarios deste ano dunha bolsa de excelencia BEME, de cara a axudalas e axudalos a introducirse no mercado laboral galego, tanto por conta... Máis información
- A Xunta convoca as axudas para apoiar a contratación dun cento de persoas en risco de exclusión a través das empresas de inserción laboral 22.02.2021 audio A Consellería de Emprego e Igualdade destina 800.000€ a este programa que se atopa dentro da Estratexia Galicia Retorna. Apóiase o mantemento do custo salarial dos traballadores e traballadoras e os custos para o inicio de actividade, a formación ou a creación de novos postos de traballo para persoas en proceso de inserción laboral. A Xunta aposta... Máis información
- A Xunta impulsa a atracción e retención de talento en Galicia ao colaborar con 2M€ na contratación de máis de 100 profesionais de alta cualificación en actividades de I+D+i 21.02.2021 audio Estes programas, incluídos na Estratexia Galicia Retorna, axudan a contribuír ao regreso dos galegos e galegas do exterior con experiencia e alta cualificación. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación activa dous programas para fomentar o emprego cualificado e nos que primará os contratos de máis longa duración, o... Máis información
- Emigración ofrece un titorial sobre o certificado UNEDasiss e as probas de competencias específicas de estudantes estranxeiras e estranxeiros da UNED 20.02.2021 audio A Universidade a Distancia abre o prazo para solicitar a inscrición a estas probas o próximo luns día 22. A Acreditación UNEDasiss é un certificado dixital que permite ao alumnado participar nos procesos de admisión á universidade española. O titorial foi impartido polo director da UNED de Ourense, Jesús Manuel García, acompañado do secretario... Máis información
- Emigración concedeu un total de 94 axudas para a posta en marcha de proxectos de galegas e galegos retornados emprendedores 19.02.2021 audio Por provincias, 42 montaron o seu negocio en A Coruña, 35 en Pontevedra, 12 en Ourense e 6 en Lugo. Dende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados que crearon proxectos empresariais apoiados a través da Xunta de Galicia. O secretario xeral da Emigración anunciou que a nova liña de axudas ao emprendemento... Máis información
Páxinas |









