Emigración ofrece un titorial sobre o certificado UNEDasiss e as probas de competencias específicas de estudantes estranxeiras e estranxeiros da UNED

A Universidade a Distancia abre o prazo para solicitar a inscrición a estas probas o próximo luns día 22.

A Acreditación UNEDasiss é un certificado dixital que permite ao alumnado participar nos procesos de admisión á universidade española.

O titorial foi impartido polo director da UNED de Ourense, Jesús Manuel García, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e o director da UNED Ourense
Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e o director da UNED Ourense
Titorial sobre o certificado UNEDasiss e as probas de competencias específicas de estudantes estranxeiras e estranxeiros da UNED
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración ofrece na súa páxina web dende hoxe un titorial sobre as probas de competencias específicas de estudantes estranxeiras e estranxeiros que realiza a Universidade Española a Distancia, a UNED, e que se poden realizar tras solicitar a Acreditación UNEDasiss. Trátase dun certificado dixital que permite ao alumnado participar nos procesos de admisión á universidade española.

O titorial, no que se especifica tanto o xeito de conseguir a acreditación como a realización das probas específicas, foi impartido polo director da UNED de Ourense, Jesús Manuel García, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e no mesmo, explícanse tódalas cuestións que poden interesar ás e aos estudantes estranxeiros con bacharelato homologado que queren cursar algunha carreira na universidade española.

A acreditación consiste na valoración dos expedientes académicos obtidos en sistemas educativos internacionais dun xeito homoxéneo e regulado e inclúe tamén as cualificacións de probas de competencias específicas realizadas na UNED. Precisamente, sobre estas probas os interesados e interesadas teñen dende o 22 de febreiro para solicitar a súa inscrición a través da web: https://unedasiss.es.

550 lecturas