Emigración e a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados informan sobre os principais trámites que se deben facer ao chegar a Galicia

O vídeo é de especial interese para as e os bolseiros BEME
O vídeo é de especial interese para as e os bolseiros BEME
Trámites e tarxetas ao chegar a Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados a Galicia, presentan un vídeo no que se informa sobre os principais trámites que os galegos e galegas que volven á nosa comunidade autónoma deben facer, especialmente no caso dos bolseiros e bolseiras BEME, que realizan un mestrado nunha das tres universidades galegas. 
 
Deste xeito, neste vídeo, explícase cales son eses trámites e cales son os documentos e tarxetas imprescindibles para realizar calquera xestión: documento nacional de identidade, certificado de empadroamento, a apertura dunha conta no banco no caso das e dos bolseiros BEME (para depositar a axuda aportada pola Xunta), a tarxeta sanitaria, a tarxeta universitaria ou a tarxeta de transporte.

En imaxes
314 lecturas