Emigración e Política Lingüística presentan mañá, mércores 24, o documental “A memoria viva” sobre o Centro Gallego da Habana

Na imaxe, o antigo palacio do Centro Gallego da Habana
Na imaxe, o antigo palacio do Centro Gallego da Habana
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Língüística, Valentín García Gómez, presentarán mañá, mércores 24, ás 20 horas (en España) a través de Facebook Live, o documental A memoria viva realizado polo xornalista Pablo López, sobre o Centro Gallego da Habana. 

Os interesados e interesadas poderán coñecer como se fixo este documental e a historia deste emblemático edificio da man das e dos propios protagonistas: emigrantes que aínda recordan a importancia que o centro tivo para o colectivo de galegas e galegos de Cuba. O documental poderase ver completo a partir do próximo sábado, día 27, nas plataformas GaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración e na web de Política Lingüística.

711 lecturas