Emigración organiza cos alumnos e alumnas BEME das universidades galegas unhas xornadas formativas sobre a incorporación no ámbito laboral

Antonio Rodríguez Miranda, durante a inauguración das xornadas
Antonio Rodríguez Miranda, durante a inauguración das xornadas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou as xornadas sobre formación e emprego que organiza este departamento autonómico co obxectivo de potenciar os coñecementos das e dos beneficiarios deste ano dunha bolsa de excelencia BEME, de cara a axudalas e axudalos a introducirse no mercado laboral galego, tanto por conta allea coma propia.

As xornadas iniciáronse hoxe, vía telemática, con medio centenar de alumnas e alumnos galegos do exterior beneficiarios destas bolsas na Universidade da Coruña. A charla, na que colabora a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados a Galicia, contou con dous relatores, Modesto Gómez e Belén Casal, quen tamén aportou a súa experiencia como bolseira BEME nunha edición anterior. Estas xornadas, que dan continuidade á realizada xa como benvida en setembro, realizaranse mensualmente de xeito que se poida conseguir a integración no mercado laboral galego do máximo número de bolseiras e bolseiros.

622 lecturas