Vicepresidencia primeira e Emigración analizan a colaboración da colectividade galega de Arxentina e Uruguai no Ano Santo Xacobeo

  • Imaxe, na sede da Xunta na capital de Galicia, da reunión
    Imaxe, na sede da Xunta na capital de Galicia, da reunión
  • Imaxe, na sede da Xunta na capital de Galicia, da reunión
    Imaxe, na sede da Xunta na capital de Galicia, da reunión
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, trasladáronlle ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, o interese da colectividade galega destes dous países na promoción e participación nos diferentes actos e programas do Ano Santo Xacobeo.

Os responsables autonómicos destacaron os proxectos que xa están a deseñar varias entidades galegas de Arxentina e Uruguai, así como a decisión de adiar para 2022 o Día da Galicia Exterior, de cara a garantir a seguridade sanitaria de tódalas e tódolos asistentes e poder contar co maior número de participantes de tódolos continentes posibles.

En imaxes
132 lecturas