As e os galegos do exterior retornados poden xa acreditar, a través da Consellería de Emprego, a súa experiencia en diversas cualificacións profesionais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar este procedemento que recoñece, con carácter oficial e validez en todo o Estado, a experiencia profesional ou formación non formal das traballadoras e os traballadores galegos.

Hoxe abriuse o prazo de solicitude para optar a estas acreditacións
Hoxe abriuse o prazo de solicitude para optar a estas acreditacións
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022.

As e os emigrantes retornados que así o desexen poden xa acreditar a súa experiencia en varias cualificacións profesionais a través da Consellería de Emprego e Igualdade, que acaba de facer público o prazo para inscribirse no procedemento para o recoñecemento da experiencia profesional

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte, mércores día 26, a convocatoria para este ano que permitirá acreditar a experiencia profesional de persoas desempregadas ou ocupadas en diversas cualificacións profesionais. 

As cualificacións convocadas seguen respondendo ás principais necesidades ou demandas de acreditación derivadas das profesións que actualmente están sendo máis necesarias. Trátase de dar resposta ademais ás necesidades de sectores ou colectivos específicos para facilitar o seu acceso ao mercado de traballo. 

Os traballadores e traballadoras que obteñan a acreditación poden facela valer no mercado laboral como certificados oficiais dos coñecementos e capacidades adquiridos a través de anos de experiencia. Isto facilitará ás persoas avanzar e progresar na súa carreira profesional e ás empresas permitiralles optimizar o aproveitamento dos seus recursos humanos.

Como requisitos, as persoas interesadas deberán xustificar que contan con experiencia laboral mínima de 3 anos (2.000 horas traballadas nos últimos 15 anos) e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar (300 horas nos 10 anos anteriores). 

1008 lecturas