Novas
Buscador
- Miranda anuncia a nova convocatoria de axudas ás e aos emprendedores retornados de ata 10.000 euros durante a visita á Asociación Milladoiro Palmira Boulevard 23.03.2022 audio Esta entidade de Ames colabora no apoio ao retorno a Galicia ofrecendo facilidades no acceso a locais comerciais nesta localidade a través de condicións beneficiosas no alugueiro e facilitando a tramitación burocrática na apertura do negocio. As axudas ás emprendedoras e emprendedores retornados da Secretaría Xeral da Emigración destinaron máis... Máis información
- A exposición “Paisaxes da Galicia”, apoiada pola Secretaría Xeral da Emigración, chega ao Instituto Cervantes de Recife (Brasil) 23.03.2022 audio A exposición Paisaxes da Galicia, do fotógrafo Paco Vila, e que conta co apoio da Secretaría Xeral da Emigración, vén de abrir as súas portas no Instituto Cervantes de Recife en Pernambuco (Brasil) ofrecendo 30 instantáneas da comunidade autónoma que representan a variedade de paisaxes e lugares de onde proceden as e os emigrantes galegos que... Máis información
- Santiago de la Iglesia Gil conta como a bolsa BEME lle facilitou poñer en marcha unha empresa en Galicia de consultoría ambiental tras regresar de México 21.03.2022 audio Continúa aberta a convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración e que conta nesta ocasión con 250 prazas para que galegas e galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas e galegos poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23.... Máis información
- Oito centros galegos do exterior proxectan o próximo 26 de marzo a primeira película do Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración con Emigración e a Academia Galega do Audiovisual 20.03.2022 audio Oito centros galegos do exterior inician o vindeiro 26 de marzo a proxección das películas e documentais finalistas aos Premios Mestre Mateo 2022 grazas a un acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. O Gran Camiño é o filme elixido para inaugurar este ciclo de cine. O Instituto Argentino... Máis información
- Emigración finaliza a súa visita a Caracas na que puido comprobar o óptimo funcionamento da rede de apoio social dos centros galegos e as institucións españolas coas que colabora a Xunta 19.03.2022 audio Esta rede de apoio beneficiou a máis de 10.000 familias galegas durante os anos de pandemia. Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, recordou que entre as axudas á emigración e ao retorno, destináronse a Venezuela máis de 6,5M€ nos últimos dous anos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou a... Máis información
- Rodríguez Miranda reúnese co CRE de Venezuela para coñecer a súa visión sobre a situación da colectividade española a través das e dos seus representantes 18.03.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse nas últimas horas cos e coas representantes do CRE de Venezuela para coñecer a situación da colectividade española e, por tanto, da galega, así como das súas necesidades. Miranda informoulles sobre os programas de axuda da Secretaría Xeral para as galegas e galegos do... Máis información
- Volve baixar o número de emigrantes galegas e galegos por sétimo ano consecutivo segundo os datos do INE, con 1.445 menos en 2021 17.03.2022 audio A cifra das e dos descendentes nados xa no país de residencia xera un incremento de cidadás e cidadáns galegos no exterior ata chegar aos 529.038, 5.182 máis que no 2020. O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE) a 1 de xaneiro de 2022, que vén a evidenciar... Máis información
- Miranda traslada ás e aos galegos de Venezuela as accións que a Xunta desenvolve para favorecer o retorno a Galicia 17.03.2022 audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa colectividade galega en Caracas, á que informou da convocatoria aberta para solicitar bolsas de Excelencia Académica BEME que permiten realizar un máster nas universidades galegas. Nesta reunión Miranda trasladoulles a información doutra serie de programas complementarios en materia de... Máis información
- O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno 16.03.2022 audio Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos e galegas residentes en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co cónsul xeral de España en Venezuela, Juan José Buitrago, na... Máis información
- O secretario xeral da Emigración e as entidades galegas en Venezuela analizan as liñas de colaboración dos próximos meses 16.03.2022 audio Antonio Rodríguez Miranda mantivo en Caracas un encontro cos máximos responsables da Hermandad Gallega de Venezuela, do Centro Gallego de Maracaibo, da Hermandad Gallega de Valencia e do Centro Gallego de Puerto La Cruz, cos que analizou a actual situación das entidades tras estes dous anos de pandemia. O secretario xeral recordou que o traballo... Máis información
Páxinas |









