A Xunta destinará 14M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023

Primarase na contratación a inserción de persoas emigrantes retornadas, persoas con discapacidade, menores de 30 anos, paradas e parados de longa duración e vítimas de violencia de xénero.

Esta programa é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia
Esta programa é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022.

A Xunta destinará 14 M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023. Serán 3,5 millóns de euros máis que na anterior convocatoria que permitirán financiar 560 accións formativas en empresas.

Dado que o obxectivo principal é a inserción laboral dos alumnos e alumnas, as axudas terán vencellado un compromiso de contratación por parte das empresas de polo menos o 40% das e dos participantes na formación. Delas poderán beneficiarse as empresas ou agrupacións de empresas e as entidades laborais con centros de formación inscritos no ámbito laboral.

Nese sentido, primarase na contratación a inserción de persoas emigrantes retornadas, persoas con discapacidade, menores de 30 anos, paradas e parados de longa duración e vítimas de violencia de xénero.

Estas unidades formativas terán tamén como finalidade mellorar a cualificación e impulsar a contratación de mulleres en sectores onde están infrarrepresentadas. Para este último reservarase a metade do orzamento, 7 M€. 

338 lecturas