Emigración asiste á presentación da programación das actividades das Letras Galegas da Casa de Galicia en Alcorcón
Alcorcón (Madrid), 8 de maio de 2022.
O subdirector de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaria Xeral da Emigración, Antonio Casas, asistiu hoxe á presentación do Mes das Letras Galegas que organiza a Casa de Galicia en Alcorcón, que tivo lugar no Teatro do Centro Cultural Viñagrande, contando coa presenza da alcaldesa da localidade, Natalia de Andrés, e o presidente do centro, Julio Carballeira.
No acto representouse a obra teatral Ver para creer, dos grupos Botón de Oro e De Aquí Pallá, e tamén contou coa actuación das pandereteiras da Casa de Galicia en Alcorcón e os grupos de baile das casas de Galicia de Móstoles e Alcorcón. Así mesmo, tivo lugar a presentación do disco Músicas de Ferreiros, de Javier Franco.
Novas relacionadas