A Xunta colabora coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia para facilitar a integración das e dos bolseiros BEME na nosa sociedade

A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior.

Con este acordo preténdese facilitar a integración laboral e social dos bolseiros BEME e consolidar o seu establecemento en Galicia.

Imaxe do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en Santiago de Compostela
Imaxe do Consello da Xunta de Galicia celebrado hoxe en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022.

O Consello da Xunta autorizou hoxe a firma dun acordo de colaboración da Secretaría Xeral da Emigración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA) para o financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos emigrantes retornados, organización de actividades culturais e sociais para a xuventude, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia co obxectivo de ofrecer aos galegos e galegas que volven á comunidade autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de adaptación á sociedade galega. 

Deste xeito, a Secretaría Xeral da Emigración firmará un acordo que ten como obxectivo establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como as que retornen á Comunidade autónoma galega, especialmente aos bolseiros e bolseiras BEME. O importe da colaboración será de 20.000 euros.

A Secretaría Xeral da Emigración pretende continuar a colaborar con esta entidade para ofrecer ás persoas emigrantes retornadas á Comunidade Autónoma a maior cobertura posible no seu proceso de retorno e adaptación á sociedade galega, especialmente no caso das e dos bolseiros do programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). De feito, esta asociación constituíuse en 2019 por bolseiras e bolseiros da primeira promoción deste programa e continúa a medrar coas e cos novos bolseiros que chegan cada ano. 

427 lecturas