Miranda analiza con Xuntanza de Cataluña os proxectos culturais máis relevantes que esta agrupación realizará ao longo deste ano
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión cos membros de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, na que tamén estivo presente a subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer. Neste encontro analizáronse os proxectos culturais que esta agrupación, que aglutina a diversos centros galegos de Cataluña, realizará ao longo do presente ano de cara a potenciar a cultura e tradicións galegas.
No encontro estiveron presentes o presidente de Xuntanza, Xosé Carlos García, a presidenta da Agrupación Cultural Agarimos de Badalona, Amelia Espinos, o presidente da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellá, Oliver Fernández, e o presidente da Casa Galega de L´Hospitalet, Manuel Prados. Esta entidade é froito dun proceso de unión de varios centros galegos desta comunidade autónoma asinado en 2013 en Barcelona. Entre outros, celebran o certame de Poesía Rosalía de Castro, o Día da Dona en Cornellá, o Día das Letras Galegas ou a Mostra de teatro galego e a Mostra gastronómica, a maiores de editar tres revistas na actualidade.
Novas relacionadas