Novas
Buscador
- Rueda anima a visitar a exposición sobre Laxeiro no Gaiás, para coñecer máis de preto un dos pintores galegos máis importantes do século pasado 28.09.2022 audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, animou a cidadanía a achegarse ata esta mostra para coñecer máis de preto a José Otero Abeledo, Laxeiro, ao que definiu como “o pintor galego máis importante do século pasado”. A exposición recolle a etapa de madurez do artista en Bos Aires, onde estivo en contacto con outros pintores galegos da talla de... Máis información
- Miranda visita a Oficina Integral de Retorno de Ourense recordando que esta semana remata o prazo para as Axudas aos Emprendedores Retornados 27.09.2022 audio O secretario xeral da Emigración visitou as novas oficinas dedicadas a atención aos retornados en Ourense, situadas na rúa Concello número 4. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na cidade de Ourense para coñecer as novas instalacións, que se atopan... Máis información
- Elvira Domínguez, delegada da Xunta en Uruguai, manten un encontro de traballo coa Compañía Uruguaya de Transportes Colectivos fundada por galegos emigrantes 27.09.2022 audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, foi recibida nas últimas horas por Juan Salgado, presidente da Compañía Uruguaya de Transportes Colectivos Sociedad Anónima (Cutcsa), empresa fundada por galegos emigrantes e que conta con persoal composto por máis de 6.500 traballadores, o 85% deles españoles, na súa maioría, galegos. Na reunión... Máis información
- Galería de fotos: Os Centros Galegos do Exterior proxectan o filme “Cuñados” dentro do Ciclo Mestre Mateo 27.09.2022 audio A película “Cuñados” chegou as salas dos centros galegos do exterior dentro do ciclo Mestre Mateo, que retomou así, tralo descanso do verano, a súa andaina polas entidades. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten coma obxectivo... Máis información
- Miranda presenta ao novo Director da Casa de Galicia en Madrid ás Entidades Galegas na capital española 26.09.2022 audio No encontro analizáronse cuestións como a situación da colectividade na comunidade madrileña, as necesidades dos centros e o calendario das súas actividades para os próximos meses. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos representantes das entidades galegas en Madrid na que aproveitou para... Máis información
- A Delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asiste ao almorzo de consulta do Ministro de Medio Ambiente na Cámara Española de Comercio 26.09.2022 audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao almorzo de consulta “Uruguai país sostible”, que ofreceu o ministro de Medio Ambiente do país do Cono Sur, Adrián Peña, invitado pola Cámara Española de Comercio, Industria y Navegación de Uruguay (Camacoes). No acto, Elvira Domínguez estivo acompañada polo director de Uruguay XXI,... Máis información
- Miranda felicita á Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria polas súas iniciativas solidarias 25.09.2022 audio O secretario xeral da Emigración rematou nesta illa coa rolda de visitas ás entidades galegas nesta comunidade autónoma onde puido comprobar as obras realizadas trala reinauguración posterior ao incendio que sufriu este centro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou na Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria... Máis información
- Miranda visita a Casa de Galicia de Fuerteventura-Amigos de Canarias animándoos a incorporarse ao Rexistro da Galeguidade 24.09.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Casa de Galicia de Fuerteventura-Amigos de Canarias, destacando a súa xuventude e animándoas e animándoos a incorporarse ao Rexistro da Galeguidade para impulsar, aínda máis, as súas iniciativas. Durante a visita, o secretario xeral destacou as iniciativas postas en marcha... Máis información
- Emigración participa no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico 24.09.2022 audio A subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, María Baleato, participou no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico, que tivo lugar hoxe no Pazo de Fonseca. A representante de Emigración recordou aos alumnos e alumnas que Galicia é unha terra que sabe acoller á... Máis información
- Miranda retoma o contacto coas entidades de Canarias no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife 23.09.2022 audio O secretario xeral da Emigración iniciou unha rolda de visita polas entidades galegas nesta comunidade autónoma para coñecer como retomaron as actividades trala pandemia e agradecer o seu apoio na difusión do Ano Santo Xacobeo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife a rolda... Máis información
Páxinas |









