O delegado da Xunta na Arxentina mantén un encontro coa representante de Santiago del Estero para promocionar o Camiño de Santiago nesta provincia

Imaxe da reunión celebrada na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
Imaxe da reunión celebrada na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 18 de novembro de 2022.

O delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión con Norma Abdala de Matarazzo, deputada provincial do Frente Cívico e presidenta provisional da Cámara de Deputados de SDE co obxectivo de estudar posibles colaboracións na difusión da cultura do Xacobeo.

Segundo lle trasladou Norma Abdala a Alejandro López Dobarro, o poder lexislativo da  provincia de Santiago del Estero está interesado en dar a coñecer o Camiño de Santiago e, deste xeito, solicitáronlle ao delegado da Xunta na Arxentina o traslado dunha exposición sobre este motivo para a próxima Semana Santa. O obxectivo é estreitar vínculos con Galicia, en especial, xa que que o día no que celebran a festividade da súa provincia é o 25 de xullo, Día de Galicia. 

195 lecturas