Emigración agasalla aos galegos e galegas do exterior que participaron no programa Conecta co Xacobeo cun vídeo recompilatorio da súa andaina
A Secretaría Xeral da Emigración agasalla ás e aos preto de 200 galegas e galegos do exterior que participaron no programa Concecta co Xacobeo que organiza este departamento cun vídeo recompilatorio da súa andaina, iniciada o domingo 22 de outubro e que rematou unha semana despois chegando pola Vía da Prata e polo Camiño Portugués ata a Catedral de Santiago de Compostela.
O programa contou coa participación de galegas e galegos do exterior vinculados a entidades galegas de América, Europa e do resto de España e permitiu que os beneficiarios e beneficiarias coñeceran o Camiño para, posteriormente, animar ás e aos galegos e veciños dos seus lugares de residencia a realizar a aventura de camiñar ata a praza do Obradoiro, difundindo as bondades e beleza de percorrer as rutas xacobeas.
Novas relacionadas