Os representantes da Casa de Galicia en Córdoba e a Secretaría Xeral da Emigración coordinan a colaboración nas accións culturais da entidade para o próximo ano
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión nas últimas horas cos responsables da Casa de Galicia en Córdoba, María Isabel García Cano e José Manuel de Bernardo Ares, co obxectivo de coordinar as accións culturais previstas polo colectivo galego para o próximo ano.
Neste senso, Miranda destacou as actividades previstas pola entidade galega en Córdoba en relación co próximo Día das Letras Galegas, así como a convocatoria da edición número 26 do Premio Rosalía de Castro de poesía que “xa se converteu en todo un clásico das nosas letras en Andalucía”. A Secretaría Xeral renovou o seu compromiso de colaboración con estas accións culturais que permiten a promoción da lingua galega e da súa tradición literaria no sur de España.
Novas relacionadas